Xesús Eladio Seixo Fernández"Aposto por que haxa unha banca pública galega" , entrevista en El Correo Gallego, 18 de xaneiro de 2010 Consultado o 8 de febreiro de 2010., máis coñecido como Suso Seixo, nado en Curtis en 1952, é un sindicalista galego.
Traxectoria miniatura|Entrevista en 2017. Estudou bioloxía na Universidade de Santiago de Compostela, pero non demoraría en entrar no mundo sindical. A súa forte vinculación co mundo sindical comezou en 1978, como un dos membros fundadores da Intersindical Nacional dos Traballadores Galegos (INTG). Militou nesta organización até 1994, cando o sindicato se fusionou coa Confederación Xeral de Traballadores Galegos-Intersindical Nacional (CXTG-IN), dando lugar á Confederación Intersindical Galega (CIG), episodio que se considera como a superación da ruptura que se produciu en 1985 no sindicalismo nacionalista "A liberación como obxectivo" , artigo do sindicalista Manuel Mera publicado orixinalmente en GZ Nación. Consultado o 19 de xaneiro de 2018 no blog do autor..
Foi secretario xeral da CIG desde o ano 2001, sucedendo no cargo a Fernando Acuña, até o VII Congreso Confederal, celebrado en 2017 e no que foi relevado por Paulo Carril. É presidente da Fundación Moncho Reboiras para o estudo e divulgación da realidade social e sindical na Galiza."Composición do padroado da Fundación Moncho Reboiras", Consultado o 19 de xaneiro de 2018.
Dirixente da Unión do Povo Galego, é militante do Bloque Nacionalista Galego desde a súa fundación no 1982.
Obra
O sindicalismo obreiro nacionalista galego. Un proxecto estratéxico para o proceso de liberación nacional e social de Galiza (2026). Fundación Moncho Reboiras.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Web da CIG Web da Fundación Moncho Reboiras
Categoría:Sindicalistas da INTG Categoría:Nados en Curtis Categoría:Nados en 1952 Categoría:Sindicalistas da CIG Categoría:Secretarios xerais da CIG