La Concordia foi un periódico galego editado en Vigo entre 1873 e 1924.
Historia e características Subtitulado Periódico de comercio y de intereses generales, apareceu o 2 de maio de 1873. Periódico bisemanal (aparecía os martes e venres) de tendencia liberal e defensor do provincialismo. Fundado e dirixido por Miguel Fernández Dios. Incluíu textos de autores estranxeiros e colaboracións de Benito Vicetto, Juan Neira Cancela, Francisco Añón e Teodosio Vesteiro Torres.
A principios de 1878 comezou a aparecer diariamente co subtitulo Primer diario de Vigo, dirixido primeiro por Eudoro Fernández Lema e despois por Miguel Fernández Lema, fillos do fundador. Centrouse nos problemas da cidade dende unha postura política moderada e construtiva. Foi o seu redactor Juan Villavicencio (que despois sería tamén director) e entre os colaboradores figuraron Concepción Arenal, Manuel Lustres Rivas, Luís Amado Carballo, Xoán Neira Cancela, Luis A. Mestre e Luciano Cid Hermida. Publicou a escolma de poesía Poesías Varias, de Francisco Añón en 1878.
A comezos de 1881 converteuse no órgano oficial da Liga de Defensores de Vigo, creada polo seu director xunto cos de Faro de Vigo e outras personalidades do concello. Deixou de publicarse en 1924 e deu paso a El Pueblo Gallego.
Véxase tamén Bibliografía
Outros artigos Lista de publicacións impresas da provincia de Pontevedra
Categoría:Prensa escrita de Vigo Categoría:1873 en Galicia