O Bayer Giants Leverkusen é un equipo de baloncesto profesional, parte do club polideportivo alemán TSV Bayer 04 Leverkusen con sede na cidade de Leverkusen, Renania do Norte-Westfalia. O equipo foi fundado en 1961, sendo o club máis laureado do baloncesto xermano con catorce títulos de Liga e dez de Copa. Porén, en 2008, viuse forzado a descender da Basketball Bundesliga por unha redución no seu orzamento. Actualmente compite na ProA, segunda catogoría do baloncesto xermano. O equipo xoga os seus encontros como local no Ostermann-Arena, pavillón con capacidade para 3 500 espectadores.
Historia O Bayer Giants Leverkusen foi fundado co nome de TuS Bayer 04 Leverkusen en 1961. Antes do final da década, en 1968, o club conseguiu o ascenso á máxima categoría do baloncesto alemán, a Basketball Bundesliga. Antes de mudar o seu nome a TSV Bayer 04 Leverkusen en 1983, o club gañou cinco Ligas e catro Copas de Alemaña. De feito, o Bayer é o equipo máis laureado do país, contando nas súas vitrinas con catorce títulos de Liga e 10 de Copa. En 2008, a empresa farmacéutica Bayer decidiu reducir o orzamento dedicado ao patrocinio do equipo para centrarse no fútbol e no atletismo. Como consecuencia, o club vendeu a súa praza na BBL ao Düsseldorf Baskets e descendeu de categorías até chegar á ProB, terceiro nivel do baloncesto xermano.
Ano a ano AnoNivelLigaCopaCompeticións europeas1989–901 Bundesliga1ºCampión 2 Copa de Campións de Copa 1990–911 Bundesliga1ºCampión 1 Copa de Europa 1991–921 Bundesliga1º 1 Euroliga 1992–931 Bundesliga1ºCampión 1 Euroliga 1993–941 Bundesliga1º Semifinalist 1 Euroliga 1994–951 Bundesliga1ºCampión 1 Euroliga 1995–961 Bundesliga1ºSubcampión 1 Euroliga 1996–971 Bundesliga4º 1 Euroliga 1997–981 Bundesliga8º 2 EuroCup 1998–991 Bundesliga4º 3 Copa Korać 1999–001 Bundesliga2º 3 Copa Korać 2000–011 Bundesliga3º Terceiro 1 SuproLiga 2001–021 Bundesliga5º 3 Copa Korać 2002–031 Bundesliga8º 4 Regional Challenge Cup North 2º2003–041 Bundesliga8º 2004–051 Bundesliga13º 2005–061 Bundesliga10º 2006–071 Bundesliga8º 2007–081 Bundesliga6º 2008–094 1. Regionalliga 2009–103 ProB7º 2010–113 ProB 2011–123 ProB 2012–133 ProB 2013–142 ProA13º 2014–152 ProA14º 2015–162 ProA15º 2016–173 ProB 2017–183 ProB 2018–193 ProB 2019–202 ProA 2020–212 ProA
Títulos Liga de Alemaña Campión (14): 1970, 1971, 1972, 1976, 1979, 1985, 1986, 1990, 1991, 1992, 1993, 1994, 1995, 1996 Copa de Alemaña Campión (10): 1970, 1971, 1974, 1976, 1986, 1987, 1990, 1991, 1993, 1995
Xogadores Destacados
Stephan Baeck Gunther Behnke John Ecker Hansi Gnad Demond Greene Henning Harnisch Jörg Heidrich Rudi Kleen Michael Koch Dieter Kuprella Michael Pappert Jochen Pollex Sven Schultze Derrick Taylor Norbert Thimm Lutz Wadehn Christian Welp Denis Wucherer Mike Hansen Kristjan Kangur Eric Taylor John Best Carl Brown Chris Corchiani Tony Dawson Nate Fox Tom Garrick Kevin Pritchard Rahsaan Smith Milt Wagner Clinton Wheeler Jack Eggleston
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web oficial
Categoría:Equipos de baloncesto de Alemaña