O Colexio Fingoi é un centro de ensino privado da cidade de Lugo, cuxo primeiro director foi Ricardo Carvalho Calero.
Historia Foi fundado no ano 1950 polo empresario Antonio Fernández López, acolléndose á Lei de Centros Experimentais que permitía poñer en marcha unha serie de reformas de tipo pedagóxico. Nos Estatutos deixa deseñado un Modelo Pedagóxico centrado nos Ciclos da Natureza, científico, de coeducación, de ensino globalizado e personalizado, natural, experimental e experiencial que require dun profesorado implicado e comprometido coa reflexión sobre a práctica para ir dando resposta ás diferenzas individuais e ás novas necesidades e retos educativos de cada momento con afán innovador.
Tivo como primeiro director a Ricardo Carvalho Calero, e como profesores a Anxel Xeán, José Cabanillas, Vicente Devesa, Chicha Fernández, Ana María Pardo Múgica, Luís Gómez Pacios, Carlos Varela Veiga, María Luisa Pumariño Vilela e tamén a Xosé Luís Méndez Ferrín, Bernardino Graña, Arcadio López Casanova.
O colexio formaba parte dun proxecto cultural máis amplo, o denominado "Centro de Estudos Fingoi", onde se concedían bolsas para investigación e estudo da cultura galega. Para dignificar a cultura galega e introducila na escola, desde os anos corenta organizou Cursos de Formación para mestres rurais.
No mes de xuño de 2010 tiveron lugar os actos de celebración do 60 aniversario da fundación do colexio.
Arquitectura O edificio principal foi deseñado polo arquitecto galego Manuel Gómez Román.. «Manuel Gómez Román» La Voz de Galicia, 23/11/2014.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Antonio Fernández López
Ligazóns externas Colexio Fingoi
Categoría:Institucións de ensino de Galicia Categoría:Manuel Gómez Román Categoría:Lugo