Ganimedes identifícase na mitoloxía grega como un fermoso príncipe troiano, descendente de Dárdano e fillo de TrosTros é o epónimo de Troia, a terra na que gobernaba era a Tróade e os seus habitantes pasaron de denominarse dárdanos a ser coñecidos como troianos. e Calírroe (unha filla do deus-río Escamandro, que discorre próximo a Troia). Algunhas tradicións recollen que Ganimedes era fillo de Laomedonte, tamén rei de Troia, neto de Tros; ou de ErictonioHixino 271..

Tros e Calírroe tiveron, antes de Ganimedes, outros tres fillos: Cleopatra, Ilo e AsáracoApolodoro III, 12.2.. Este Asáraco disque foi avó de Anquises e bisavó de EneasIlíada XX, 240; Grimal, px. 128..

Mito miniatura|Zeus en forma de aguia raptando a Ganimedes Sendo aínda novo, case adolescente, Ganimedes atopábase coidando os rabaños do seu pai Tros nas montañas próximas a Troia,Os distintos autores non concordan co lugar onde se producen os feitos. Para uns foi no monte Ida, na costa noroeste de Asia Menor (Anatolia), onde se fundaría a cidade de Troia; e para outros en Creta, en Eubea ou en Misia. e aconteceu que Zeus se namorou del pois tiña sona de ser "a un deus semellante, o máis fermoso dos mortais".Ilíada XX, 233.

Converténdose en aguia, Zeus baixou voando do monte Olimpo e raptouno; outras fontes afirman que Zeus ordenou á súa aguia que fixese o traballo. Pero tamén se di que o rapto foi cousa de Minos, Tántalo ou Eos, por encargo de Zeus.Grimal, s. v. Ganimedes. As primeiras fontes que describen o mito (Homero, na Ilíada) non mencionan a presenza da aguia e di, simplemente, que o raptaron os deuses para Zeus. Son as versións máis tardías (Pseudo-Apolodoro, Virxilio, Ovidio) as que engaden este dato."A este último raptouno pola súa beleza Zeus por medio dunha aguia" (Apolodoro II, 12, 2); "O alado escudeiro de Xove [Xúpiter] levouno ó alto desde o Ida nas súas curvas poutas (Eneida V, 254-255).

Xa no Olimpo, Ganimedes foi nomeado copeiro dos deuses e era quen servía o néctar na copa do deus. Ata este momento, esta función era realizada pola deusa Hebe, deusa da xuventude.Dise que esta postergación de Hebe irritou á súa nai, Hera, pero as súas queixas non serviron de nada (Graves, px. 131). Como pago polos seus servizos, Ganimedes recibiu a eterna xuventude e a inmortalidade,Hixino 224, 5. e foi ascendido os ceos na forma da constelación de Acuario, o augador.Graves, px. 131.

E para compensar a Tros pola perda do fillo, Zeus regaloulle -a través do seu mensaxeiro Hermes- dúas eguasApolodoro II, 5.9; Eurípides: Las Troyanas 807. ou dous cabalosGrimal, s. v. Ganimedes., os máis veloces do mundo, que podían correr pola superficie da auga, os "mellores cabalos que existen baixo a aurora e o sol"<ref>Ilíada V, 267.</ref>; ou ben unha cepa de ouro que fixera HefestoCon esta mesma cepa de ouro, Príamo subornaría ó seu irmán Titono para que mandase a Memnón na axuda de Troia (Graves, px. 739).. Estas eguas foron o pago que esixiu Heracles a Tros por matar ó monstro que enviara Poseidón contra a cidade e salvar a Hesíone, filla de Tros, de ser sacrificada ó devandito monstro. Tros aceptou o pago pero logo, unha vez que Heracles acabara co monstro, negouse a entregarlle os animais.Apolodoro II, 5.9.

Como vimos, na Ilíada tratábase de cabalos, sementais. Anquises levou ás súas eguas onda eles, ás agachadas, e conseguiu que as montasen, obtendo como resultado seis poldros, dos que regalou dous ó seu fillo Eneas. Nun momento da guerra de Troia, Esténelo e Diomedes enfróntanse a Eneas e Pándaro (neto de Príamo). Diomedes aspira a conseguir os cabalos divinos de Eneas e dille a Esténelo:

Diomedes matou a Pándaro e deixou malferido a Eneas (ó que salvou en última instancia a súa nai, Afrodita) e Esténelo capturou os seus cabalos.Ilíada V, 323.

Ganimedes nas artes O tema foi tratado ata a saciedade na cerámica, pintura e escultura desde a antigüidade ata o presente, e pode interpretarse como unha lexitimación da pederastia na Grecia antiga, coñecida, entendida e aceptada polo adolescente e a súa familia, e nada ten que ver coa pedofiliaRaquel López Melero: Breve historia del mundo antiguo, Editorial Universitaria Ramón Areces (1ª ed. 2010, 3ª reimpr. 2017), px. 271-272.. Lémbrese a recompensa recibida polo pai. En certos vasos de antes do período clásico, no denominado Estilo severo, pode observarse que tamén Hermes perseguía ó rapazElvira Barba, px. 112..

Nas primeiras representacións do mito, ata o século IV a. C., é o propio Zeus o autor do rapto. A partir desa data irase impoñendo a autoría da aguia, sexa o propio Zeus, sexa a aguia de Zeus; existen algúns vasos nos que é un cisne quen o fai, pero esta variante non terá continuidade.

En Roma abundarán as esculturas e relevos de Ganimedes como pastor, por veces acompañado dunha aguia ou un can, e tocado cun gorro frixio, indicador da súa orixe troiana. Coa implantación do Cristianismo non se deixará de representar, a pesar da homosexualidade evidente, pois se pode interpretar como unha alma pura. A imaxe do rapto apenas admite variacións entre as representacións renacentistas (por exemplo, nas portas de bronce da Basílica de San Pedro, Filarete, 1433; ou a escultura de Benvenuto Cellini) ata Rubens, Moreau, Thorvaldsen, etc.

Canto á literatura, aparece citado, sen nomealo, na traxedia Las Troyanas'', de Eurípides, cando o coro, formado polas mulleres troianas capturadas e sorteadas como escravas dos gregos, lle botan en cara que, estando a carón de Zeus, non intercedeu polos seus compatriotas.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Categoría:Homes na mitoloxía grega