Escuintla é un dos 22 departamentos de Guatemala. A súa capital é Escuintla, que é a terceira cidade máis grande do país. Outras cidades importantes do departamento son: Santa Lucia Cotzumalguapa, Tiquisate e Puerto San José, ao lado de Puerto Quetzal.
Está bañado polo océano Pacífico e posúe un clima tropical. É unha rexión de latifundios, con índices baixos de desemprego e pobreza extrema, datos que contrastan coa realidade económico-social de Guatemala.
Municipios Escuintla Guanagazapa Iztapa La Democracia La Gomera Masagua Nueva Concepción Palín San José San Vicente Pacaya Santa Lucía Cotzumalguapa Siquinalá Tiquisate
Escuintla