Gandhi é un filme indo-británico dirixido por Richard Attenborough que se estreou en 1982. Trata sobre a vida de Mohandas Karamchand Gandhi, o líder do movemento indio non violento, non cooperativo e independentista contra dominio británico no país durante o século XX. Gandhi foi escrito por John Briley e está protagonizado por Ben Kingsley.
Relata a vida de Mahatma Gandhi, dende os anos nos que estivo en Suráfrica de novo, como avogado formado en Inglaterra, e defendendo os dereitos dos hindús establecidos no país, até que regresa á India, onde predica unha resistencia non violenta contra os ingleses, logrando, canda outros líderes nativos, independizar a nación india.
Gandhi foi estreado na India o 30 de novembro de 1982, no Reino Unido o 3 de decembro e nos Estados Unidos o 6 de decembro. Foi nomeado ós Premios Óscar en once categorías, gañando oito, incluíndo o premio a mellor filme. Richard Attenborough gañou o premio de mellor director, e Ben Kingsley gañou o de mellor actor.
Personaxes
Ben Kingsley como Mohandas Karamchand Gandhi Rohini Hattangadi como Kasturba Gandhi Roshan Seth como Pandit Jawaharlal Nehru Saeed Jaffrey como Sardar Vallabhbhai Patel Virendra Razdan como Maulana Azad Candice Bergen como Margaret Bourke-White Edward Fox como Reginald Dyer John Gielgud como Barón Irwin Trevor Howard como Xuíz R. S. Broomfield John Mills como Frederic Thesiger Shane Rimmer como Comentarista Martin Sheen como Vince Walker Ian Charleson como Charles Freer Andrews Athol Fugard como Xeneral Jan Smuts Geraldine James como Mirabehn Alyque Padamsee como Muhammad Ali Jinnah Amrish Puri como Khan Ian Bannen como Senior Officer Fields Richard Griffiths como Collins Nigel Hawthorne como Kinnoch Richard Vernon como Sir Edward Albert Gait Michael Hordern como Sir George Hodge Shreeram Lagoo como Gopal Krishna Gokhale Terrence Hardiman como Ramsay MacDonald Om Puri como Nahari Bernard Hill como Sarxento Putnam Daniel Day-Lewis como Colin John Ratzenberger como Tenente americano Pankaj Kapoor como segunda secretaria de Gandhi, Pyarelal Nayyar Anang Desai como Acharya Kripalani Dilsher Singh como Khan Abdul Ghaffar Khan Günther Maria Halmer como Hermann Kallenbach Peter Harlowe como Lord Louis Mountbatten Harsh Nayyar como Nathuram Godse Supriya Pathak como Manu Neena Gupta como Abha Tom Alter como Doutor no Palacio Aga Khan Alok Nath como Tyeb Mohammed
Galardóns
Óscars
Ano Categoría Comentario Resultado1982Mellor filmeGandhiGañador1982Mellor DirectorRichard AttenboroughGañador1982Mellor ActorBen KingsleyGañador1982Mellor Guión OrixinalJohn BrileyGañador1982Mellor MontaxeJohn BloomGañador1982Mellor Banda SonoraRavi Shankar, George FentonCandidatos1982Mellor FotografíaRonnie Taylor, Billy WilliamsGañador1982Mellor Dirección ArtísticaStuart Craig, Bob Laing, Michael SeirtonGañadores1982Mellor Deseño de VestiarioJohn Bloom, Bhanu AthaiyaGañadores1982Mellor MaquillaxeTom SmithCandidato1982Mellor SonGerry Humphreys, Robin O'Donoghue, Jonathan Bates, Simon KayeCandidatos
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas An Autobiography: The story of my experiments with truth Trailer da película Guión
Categoría:Filmes de 1982 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes do Reino Unido Categoría:Filmes da India Categoría:Filmes dirixidos por Richard Attenborough Categoría:Filmes producidos por Richard Attenborough Categoría:Filmes de Columbia Pictures Categoría:Filmes de Goldcrest Films Categoría:Filmes baseados en feitos reais Categoría:Filmes sobre o apartheid Categoría:Filmes ambientados no Raj Británico Categoría:Filmes ambientados no Imperio Británico Categoría:Filmes ambientados no movemento de independencia da India Categoría:Filmes ambientados en 1910 Categoría:Filmes ambientados en 1922 Categoría:Filmes ambientados en 1931 Categoría:Filmes ambientados en 1940 Categoría:Filmes ambientados en 1947 Categoría:Filmes ambientados en 1948 Categoría:Óscar ó mellor filme Categoría:Filmes cuxo director gañou o Óscar ó mellor director Categoría:Filmes cuxo guionista gañou o Óscar ó mellor guión orixinal