Parkersburg, localizada na confluencia dos ríos Ohio e Little Kanawha, é a terceira maior cidade do Estado de Virxinia Occidental. É a sede de condado de Wood e a cidade principal da área metropolitana Parkersburg-Marietta-Vienna.
O Bureau of the Public Debt (Axencia da Débeda Pública), unha axencia do Departamento do Tesouro dos Estados Unidos, ten a súa oficina central nesta cidade.
Historia Parkersburg foi orixinalmente chamada Newport cando foi trazada a finais do século XVIII. Unha parte da cidade foi deseñada sobre terras que gañou Alexander Parker polo seu servizo na Guerra Revolucionaria Americana. O conflito do nome entre Parker e os proxectistas da cidade de Newport resolveuse en 1809 en favor dos herdeiros de Alexander Parker. O pobo foi rebautizado por Parkersburg en 1810. Foi establecido pola Asemblea Xeral de Virxinia en 1820 e elevada a cidade en 1860.
Parkersburg era a terminal da autoestrada Staunton-Parkersburg e da Northwestern Turnpike (Autoestrada do Noroeste). En 1857 o ferrocarril de Baltimore e Ohio construíu unha ramificación para o pobo. Durante a Guerra Civil Estadounidense foi importante nos transportes e un centro médico. Despois da guerra volveuse un punto de transporte de gas e petróleo.
Xeografía Parkersburg áchase a 39°15'58" Norte, 81°32'32" Oeste.
Segundo o United States Census Bureau, a cidade ten unha área total de 31'6 km2, dos cales 30'6 km2 son terra firme e sobre 1.0 km2 é auga, é dicir, o 3'19% da área total é auga. Parkersburg localízase a aproximadamente 205 msnm.U.S. Board on Geographic Names. Topical Gazetteers Populated Places. Gráficos do banco de dados de altitudes dos Estados Unidos de América
A cidade atópase na confluencia do Río Ohio e do Río Little Kanawha. O Little Kanawha divide a cidade nunha zona norte e noutra sur.
Clima O clima de Parkersburg é cálido durante o verán con temperaturas de arredor dos 30 °C e moi frío durante o inverno, cando as temperaturas son inferiores aos 0 °C.
O mes máis quente é xullo, que ten unha temperatura máxima media de 35 °C, e o mes máis frío do ano é xaneiro, sendo a temperatura mínima media de -5 °C.
A variación de temperatura entre a noite e o día tende a ser moderada durante o verán cunha diferenza que pode alcanzar os seis graos Celsius, sendo un pouco máis elevado este índice no inverno, cando a diferenza rolda os oito graos Celsius.
A media anual de precipitación en Parkersburg é de 1000 mm.Clima de Parkersburg
Transportes Parkersburg está atendido aereamente polo Aeroporto do Condado de Wood, con 3 voos diarios nos festivos cara ao Aeroporto Internacional Washington Dulles.
Barrios Parkersburg Norte Beechwood, Downtown, Fairview Heights, Granada Hills, Julia-Ann Square, Meadowcrest, Oakwood Estates, Quincy Hill, Riverside, Woodland Park, North End, Worthington, East End
Parkersburg Sur Larkmead, Marrtown, Pettyville, Tavennerville, Washington
Media O Parkersburg News e o Parkersburg Sentinel eran os diarios principais da cidade até que no 2009 se uniron para formar un único xornal, The Parkersburg News and Sentinel. A mesma compañía tamén publica o Marietta A.M. e o Graffiti, dúas revistas.
Hai moitas estacións de radio emitindo dende Parkersburg, como poden ser 106.1 Z106 (WRZZ),102.1 The River (WRVB), U.S. 107 WNUS, MIX 100 (WDMX), V96.9 (WVVV), WXIL, Froggy 99.1, e 103.1 The Bear.
WTAP, a filial local da NBC, é a principal telivisión local.
Educación Educación superior Mountain State College, unha universidade privada. Universidade de Virxinia Occidental, de carácter público, que se acha nas aforas da cidade. Ohio Valley University, localízase ao lado de Vienna.
Institutos Parkersburg posúe o Parkersburg High School Big Reds, o Parkersburg South High School Patriots, e o Parkersburg Catholic High School Crusaders.
Ensinanza media Neste eido podemos encontrar as escolas de Van Devender, Edison, e Hamilton.
Cultura Museos miniatura|dereita|180px|O Xulgado do Condado Blennerhassett Museum of Regional History Henry Cooper Log Cabin Museum Oil and Gas Museum Sumnerite African-American History Museum Veterans Museum of Mid-Ohio Valley
Parques Blennerhassett Island Historical State Park Bicentennial Park Corning Park Point Park Southwood Park Quincy Park City Park Johnson T. Janes Park Friendship Park Fort Boreman Historical Park Mountwood Park Fries Park
Cidades irmás Parkersburg, Iowa,
Notas
Categoría:Cidades de Virxinia Occidental