José Ramón García González, nado en Santiago de Compostela en 1971, é un empresario galego.

Traxectoria empresarial É licenciado en Ciencias Económicas e Empresariais pola USC, e fixo un máster en Auditoría de Contas e outro en Economía Aplicada.

En 2002 fundou a empresa actualmente en fase de liquidación Blusens Global Corporation, xunto co seu amigo Miguel Silva, cun capital inicial de 3.000 €.

O 1 de marzo de 2018 foi detido en Compostela por axentes da Policía Nacional, e posteriormente posto en liberdade acusado de organización criminal á espera de xuízo.https://codigocero.com/A-Policia-Nacional-arresta-ao-fundador-de-Blusenshttps://www.lavozdegalicia.es/noticia/santiago/santiago/2018/03/01/detenido-fundador-blusens-delito-contra-propiedad-industrial/00031519922610670212607.htmhttp://www.laopinioncoruna.es/economia/2018/03/02/policia-arresta-fundador-blusens-plagio/1268249.html.

Vida privada Está casado e ten dúas fillas.

No ano 2010 participou no programa El Secreto, emitido por Antena 3.

Véxase tamén Ligazóns externas "Blusens estará consolidada nun hólding este ano", entrevista en Galicia Hoxe, 6 de abril de 2008 (consultado o 22 de febreiro de 2010).

Categoría:Empresarios de Galicia Categoría:Nados en Santiago de Compostela Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes