Vincent du Vigneaud, nado o 18 de maio de 1901 en Chicago, Illinois e finado o 11 de decembro de 1978 en Ithaca, Nova York, foi un bioquímico estadounidense. Foi galardoado co Premio Nobel de Química en 1955, polas súas investigacións, sobresae polas hormonas, aminoácidos, as vitaminas e as proteínas. Foi profesor de bioquímica na Universidade de Washington desde 1932 ata 1938

Traxectoria A súa carreira caracterizouse por un interese en xofre, proteínas e, especialmente, os péptidos. Ata antes da súa famosa obra acerca do esclarecemento e síntese da oxitocina e vasopresina, formouse unha reputación polo seu traballo coa insulina, biotina, transmetilación, e penicilina. Tamén estableceu unha serie de interrelacións entre estrutura e actividade para oxitocina e vasopresina, quizais o primeiro estudo deste tipo para péptidos.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Premio Nobel de Química

Ligazóns externas Páxina web do Instituto Nobel, Premio Nobel de Química 1955 Biografía na páxina do Instituto Nobel

Categoría:Bioquímicos dos Estados Unidos de América Categoría:Premio Nobel de Química Categoría:Nados en 1901 Categoría:Finados en 1978 Categoría:Nados en Chicago Categoría:Estadounidenses de ascendencia francesa Categoría:Premios Nobel dos Estados Unidos de América