Non confundir coa viguesa Asociación Xuvenil Abertal.

Abertal é unha asociación cultural creada no ano 2003 para defender a lingua e cultura galegas da Terra Eo-Navia. Entre os seus fins está o de lograr o recoñecemento da cooficialidade do galego en Asturias e servir de ponte de instauración de relacións co mundo cultural galego-portugués .

O actual presidente da asociación é Carlos Varela Aenlle, quen ademais é académico correspondente da RAG na rexión eonaviega.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Categoría:Asociacións culturais Categoría:Entidades de promoción do galego Categoría:Galego de Asturias