Makinaria é un poemario de Carlos Negro, publicado por Edicións Xerais en maio de 2009.

Temática O poemario fala dun adolescente que ten por únicas motivacións o seu coche (o tuning e os rallys), a música Techno, divertirse cos amigos (tomando alcohol e cocaína) e ligar. Presenta un mundo sen atractivos e de oposición á familia, que remata traxicamente cun accidente.

Estrutura O poemario está dividido en varias partes:

O poema "roedores do caucho" aparece a modo de presentación. A parte chamada Need for speed inclúe os poemas "Need for speed", "No fear", "Red zone" e "Fast and Furious". Sound play session inclúe "Sound play session vol. 1" e "Sound play session vol. 2". Radical fire inclúe "Radical fire", "Fast food", "Power Racing Love", "Born to Run" "Thunder Road" e "No Way". 061 inclúe "061", "Autopsia", "Mamá Carme", "Nota Necrolóxica" e "Chatarra". Game over inclúe "Game Over", "Alén City", "Nevermore" e "This is the End".

Inclúe un glosario de termos relacionados co tuning e un epílogo de Rosa Aneiros. Está adicado á mocidade do concello de Dodro, onde o autor dá clases

Estilo Os poemas teñen unha métrica libre, moitos deles sen división en estrofas. É frecuente o uso de vocabulario da xerga xuvenil relacionado cos aspectos de que trata o libro.

Algúns títulos dos poemas están tomados de cancións ("Born to Run" de Bruce Springsteen e "This is the End" de The Doors), películas (Fast and Furious) e videoxogos (Need for Speed).

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha do libro na páxina da editorial Guía de lectura de Rosa Aneiros. Entrevista a Carlos Negro arredor do seu libro Makinaria, polo alumnado do IES Porto do Son.

Categoría:Obras de poesía en galego Categoría:Obras literarias de 2009