A Sociedade Deportiva Burela é un club de fútbol galego, da vila de Burela, na provincia de Lugo. Foi fundado no 1966. Actualmente compite no Grupo III da Primeira Autonómica de Galicia.
O seu filial xuvenil é a SD Porto Burela.
Historia O equipo nace na localidade luguesa de Burela no ano 1966 froito das cinzas do antigo equipo da vila que deixara de existir na tempada 1951/1952, e comeza competindo na Primeira División do Campionato Comarcal das Rías Altas (actúal Primeira Autonómica de Galicia).
A comezos dos setenta gañou por primeira vez o campionato (tempada 1971/1972), mais o equipo non consegue vencer na rolda de ascenso á Rexional Preferente. Na tempada 1981/1982 volveu intentar o salto de categoría pero o equipo volveu quedar ás portas. Porén, o ano seguinte (tempada 1982/1983) conquistou o campionato ligueiro por segunda vez e nesta ocasión ascendeu directamente á Rexional Preferente.
A finais dos anos 80 iníciase a época dourada do equipo, co ascenso á 3ª División na tempada 1988/1989, adestrado por José Ramón Arteche, e a disputa na tempada 1990/1991 dun playoff de ascenso, no que o conxunto verde quedou ás portas dun histórico ascenso á Segunda B fronte ao Real Valladolid B, liderado por José Emilio Amavisca.
Tras descender na tempada 1995/1996 despois de sete tempadas na 3ª División o equipo regresa á Rexional Preferente onde disputará oito tempadas máis, ata descender á 1ª Autonómica na tempada 2003/2004, o cal está a piques de provocar a desaparición do club, algo que finalmente non ocorre.
Na tempada 2005/2006 o equipo conquista un novo campionato (o terceiro da súa historia) e ascende de novo á Rexional Preferente, onde tan só disputará dúas tempadas antes de volver descender novamente á 1ª Autonómica, categoría onde o club continúa competindo ata a actualidade cun pequeno paso pola 2ª Autonómica na tempada 2017/2018.
Estadio A SD Burela xoga desde a súa fundación no Campo Municipal da Marosa, inaugurado en 1966. Ten unha capacidade de 2500 espectadores e unhas dimensións de 108×69 metros.
Datos do club Tempadas en 3ª: 7 Tempadas en Preferente: 16 Tempadas en 1ª Autonómica: 26 Tempadas en 2ª Autonómica: 4 Mellor posto da historia: 3º en Terceira División (1990-91) Peor posto da historia: 8º en Segunda Autonómica (1978-79) e (1979-80) Promocións de ascenso a Segunda B: 1 (1990-91) Participacións na Copa do Rei: 2 (1991-92) e (1992-93)
Últimas tempadas
|valign="top" width=0%| TempadaCategoríaPosto1981/821ª Autonómica2º1982/831ª Autonómica ▲1983/84Rex.Preferente10º 1984/85Rex.Preferente9º 1985/86Rex.Preferente13º 1986/87Rex.Preferente10º 1987/88Rex.Preferente4º 1988/89Rex.Preferente ▲1989/903ª División12º1990/913ª División3º1991/923ª División6º1992/933ª División17º1993/943ª División5º1994/953ª División14º1995/963ª División ▼1996/97Rex.Preferente13º 1997/98Rex.Preferente7º1998/99Rex.Preferente9º 1999/00Rex.Preferente4º 2000/01Rex.Preferente5º2001/02Rex.Preferente7º 2002/03Rex.Preferente12º2003/04Rex.Preferente ▼2004/051ª Autonómica4º2005/061ª Autonómica ▲2006/07Preferente17º 2007/08Preferente ▼2008/091ª Autonómica5º2009/101ª Autonómica11º2010/111ª Autonómica6º2011/121ª Autonómica12º2012/131ª Autonómica3º2013/141ª Autonómica5º2014/151ª Autonómica4º2015/161ª Autonómica7º2016/171ª Autonómica ▼2017/182ª Autonómica ▲2018/191ª Autonómica9º2019/201ª Autonómica8º2021/221ª Autonómica|Grupo 137º2022/231ª Autonómica8º2023/241ª Autonómica
Palmarés Primeira Autonómica de Galicia (3): 1971-72, 1982-83, 2005-06 Segunda Autonómica de Galicia (1): 2017-2018 Promocións de ascenso: (4): 1971-1972, 1981-1982, 1988-1989, 1990-1991
Véxase tamén Ligazóns externas Info SD Burela Federación Galega
Categoría:Deporte en Burela Burela