Honshū (本州, ほんしゅう) é a illa principal do arquipélago xaponés, noutro tempo chamada Hondo.Honshū (arquivado en Archive.org). MSN Encarta. Consultado o 15-08-2023. Limita ao norte coa illa de Hokkaido polo estreito de Tsugaru, ao sur con Shikoku polo mar Interior e ao suroeste con Kyūshū polo Estreito de Kanmon.
A poboación de Honshū é de 98 352 000 habitantes (1990) (89 101 702 en 1975), e está concentrada nas chairas existentes, especialmente na chaira de Kanto, onde reside o 25% da poboación en e ao redor de Tokyo e Yokohama. Outras cidades importantes son Nagoia, Osaca, Kobe, Kyoto, Hiroxima e Sendai. A illa divídese en cinco rexións e 34 prefecturas, entre elas o Tokyo metropolitano.
Xeografía A illa ten aproximadamente 1.300 km de longo e varía dos 50 aos 230 km de largo, e a súa superficie total é de 227.942,85 km², ao redor do 60% da superficie total do Xapón, o que a fai un pouco máis grande que Gran Bretaña. A súa superficie terrestre estivo aumentando co levantamento costeiro no norte, pero o aumento global do nivel do mar diminuíu estes efectos. Honshu ten un perímetro de 5.450 km de costa.
É unha illa montañosa e volcánica, e nela prodúcense numerosos terremotos, como o gran terremoto de Kantō de setembro de 1923 que danou gravemente Tokyo, e o terremoto e tsunami de Sendai de 2011 que moveu a parte nordeste da illa ata 5,3 metros mentres causaba tsunamis devastadores. O pico máis alto é o volcán activo Monte Fuji, con 3776 m. que converte a Honshu na 7ª illa máis alta do mundo. Hai moitos ríos, incluíndo o Shinano, o máis longo do Xapón e o río Tone, coa conca máis grande. Os Alpes xaponeses percorren a lonxitude de Honshu, dividindo a costa do noroeste (mar do Xapón) da costa do sueste (Pacífico ou mar interior); O clima é moi variable xeralmente subtropical húmido nas partes meridionais e costeiras da illa e continental húmido nas zonas norteñas e interiores.
Rexións administrativas e prefecturas
A illa está dividida en cinco rexións nominais e 34 prefecturas, incluíndo Tokyo metropolitano. Administrativamente, algunhas illas máis pequenas inclúense dentro destas prefecturas, incluíndo as Illas de Ogasawara, Illa de Sado, Izu Shima e Illa de Awaji.
As rexións e prefecturas son:
Tōhoku (norte) comprende seis prefecturas.
25px Prefectura de Miyagi 25px Prefectura de Yamagata Kantō (leste) comprende sete prefecturas, incluíndo a capital do Xapón que é a metrópole de Tokyo. 20px Prefectura de Chiba 25px Prefectura de Gunma
25px Prefectura de Saitama 25px Prefectura de Tochigi 25px Tokyo Chūbu (centro) comprende nove prefecturas.
25px Prefectura de Gifu
25px Prefectura de Nagano 25px Prefectura de Niigata 25px Prefectura de Shizuoka 25px Prefectura de Toyama 25px Prefectura de Yamanashi Kinki(Kansai) (sur, aínda que ao norte de Chūgoku) comprende sete prefecturas. 25px Prefectura de Hyōgo 25px Prefectura de Kyoto 25px Prefectura de Mie 25px Prefectura de Nara 25px Prefectura de Osaca 25px Prefectura de Shiga 25px Prefectura de Wakayama Chuugoku (suroeste) comprende cinco prefecturas. 25px Prefectura de Hiroshima 25px Prefectura de Okayama 25px Prefectura de Shimane 25px Prefectura de Tottori 25px Prefectura de Yamaguchi
Honshū está unida ás demais illas do Xapón por túneis ou pontes
Coa illa de Hokkaidō por Túnel de Seikan. Coa illa de Kyūshū por Túnel de Kanmon (hai 3 túnel, un para coche e dous para ferrocarrís) e Ponte de Estreito de Kanmon. Coa illa de Shikoku, hai 3 rutas, ruta de Akashi-Naruto, ruta de Kojima-Sakaide e Onomichi-Imabari. Ruta de Akashi-Naruto Ruta de Kojima-Sakaide Ruta de Onomichi-Imabari
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Xapón
Categoría:Illas do Pacífico Categoría:Illas do Xapón