Unha cunca é un recipiente. Este recipiente non só se emprega para conter tanto líquidos como grans, senón que tamén para beber. Algunhas cociñas internacionais, tal é así nas cociñas asiáticas coma a cociña xaponesa e a cociña chinesa, fan uso extensivo e intensivo da cunca como prato que pode conter unha sopa, infusión etc.

Historia miniatura|Cunca con flan. Sábese polas escavacións arqueolóxicas que as cuncas foron empregadas desde tempos inmemoriais. Os materiais máis empregados nas primeiras épocas eran de pedra ou madeira, e máis tarde de cerámica e finalmente vidro. Hoxe en día existen de plástico, porcelana, cerámica e metal.

Tamén hai cuncas que teñen unha soa asa que permite collelas con máis facilidade.

Galicia En Galicia son típicas as cuncas para beber o viño, xeralmente feitas de barro.

Galería de imaxes

Notas

Categoría:Utensilios de cociña