A Liga de Fútbol Profesional (LFP), coñecida comercialmente como LaLiga e oficialmente como Liga Nacional de Fútbol Profesional, é unha asociación deportiva integrada polos clubs e as sociedades anónimas deportivas que participan nas categorías profesionais da liga española de fútbol, isto é, a Primeira e a Segunda División. Foi creada en 1984 e forma parte da Real Federación Española de Fútbol (RFEF), aínda que ten personalidade xurídica propia e goza de autonomía para o seu funcionamento.

A súa principal función, ademais de defender os intereses dos seus asociados, é a organización do Campionato Nacional de Liga na categoría profesional (Primeira e Segunda División) en coordinación coa RFEF.

Historia En 1977 os clubs FC Barcelona, Athletic Club, Atlético de Madrid e Real Sociedad tentaron crear unha Liga Profesional pero o intento foi freado polo daquela presidente da Real Federación Española de Fútbol, Pablo Porta, coa creación dun Comité Nacional de Fútbol Profesional, o cal ficaría dentro da RFEF sen constituír un órgano xuridicamente independente. Este comité sería o xermolo do que máis tarde sería a LFP.

O primeiro comité executivo da LFP tomou posesión o 30 de decembro de 1983 na sede da Real Federación Española de Fútbol.

A primeira directiva formouse polos seguintes presidentes de clubs profesionais, cos seguintes cargos na LFP: Manuel Vega-Arango Alvaré (Sporting de Gijón), presidente. Gerardo Martínez Retamero (Real Betis), vogal. Antonio Pérez Gascón (CD Málaga), vogal. Antonio Baró Armengol (RCD Espanyol), vogal. José de Aguilar Hernández (UD Las Palmas), vogal. Jesús Corzo Sierra (Deportivo da Coruña), vogal. Manuel Toledano Núñez (Calvo Sotelo CF), vogal.

Contratouse como secretario xeral a Jesús Samper Vidal, que organizou a primeira estrutura económica e administrativa da LFP, e que elaborou os primeiros estatutos, que se aprobaron en 1984. Por mor da aprobación deses estatutos, a LFP fúndase oficialmente o 26 de xullo de 1984.

En 1987 contrátase a Antonio Fernández Fidalgo como director de relacións externas, e en 1991 a Pedro Tomás Marqués como xerente e a Carlos del Campo Colás como asesor xurídico.

O 11 de decembro de 1984 Antonio Baró Armengol sucede a Manuel Vega-Arango na presidencia, que ocupa ata o seu falecemento, o 11 de febreiro de 2001. Realízanse entón unhas eleccións á presidencia, que gaña Pedro Tomás Marqués.

En 1997 a Real Federación Española de Fútbol propuxo a supresión da Liga Nacional de Fútbol Profesional e a súa transformación nun comité de fútbol profesional dentro da RFEF.

Sen esgotar o seu mandato, Tomás deixou o cargo e o 9 de xuño de 2004 o vicepresidente primeiro da LFP, José Luis Astiazarán -presidente da Real Sociedad de Fútbol- asumiu a presidencia en funcións. Tras un ano, Astiazarán deixou o seu posto ante a convocatoria de eleccións, sendo substituído na presidencia interina o 22 de xuño de 2005 por Guillermo Cabello Valero, vicepresidente segundo da LFP e presidente do Terrassa FC. Porén, o descenso deste club a Segunda División B obrigoulle a Cabelo a ceder a presidencia en funcións a Carlos del Campo Colás, secretario xeral da LFP. As eleccións celebráronse finalmente o 15 de xullo de 2005, sendo elixido José Luis Astiazarán como novo presidente, ao obter o aval de 39 dos 42 clubs afiliados á LFP."La Liga estrena presidente", 15/7/2005, El País .

O 14 de abril de 2009 Astiazarán dimitiu para anticipar as eleccións, exercendo como presidentes interinos os dous vicepresidentes, Javier Tebas e Jaime Barriuso, xunto ao secretario xeral, Carlos del Campo. Finalmente, o 27 de abril de 2009 Astiazarán foi reelixido presidente tras ser a súa a única candidatura presentada.

O 26 de abril de 2013 foi sucedido no cargo por Javier Tebas, que foi o único candidato que se presentou ás eleccións no seguinte mandato.​Javier Tebas, proclamado definitivamente como nuevo presidente de la Liga O 11 de outubro de 2016 Tebas foi reelixido co aval de 37 dos 42 clubs con dereito a voto para un segundo mandato. A finais de 2019 foi reelixido para un terceiro mandato ata 2024.

Presidentes PresidentePeríodo Manuel Vega-Arango Alvaré 1983 - 1984 Antonio Baró Armengol 1984 - 2001 Pedro Tomás Marqués 2001 - 2004José Luis Astiazarán (interino) 2004 - 2005Guillermo Cabello (interino) 2005Carlos del Campo (interino) 2005José Luis Astiazarán 2005 - 2013Javier Tebas 2013 - actualidade

Notas

Categoría:Organizacións futbolísticas de España Categoría:Ligas de fútbol de España