Methone (en grego Μεθωνη) é unha lúa moi pequena de Saturno que descansa entre as órbitas de Mimas e Encelado.
Foi vista por primeira vez polo Equipo de Imaxes da Cassini* C.C. Porco, et al., IAUC 8389: S/2004 S 1 and S/2004 S 2 16 de agosto do 2004 (descubrimento)Porco, C. C.; e o seu equipo.; (2005); Cassini Imaging Science: Initial Results on Saturn's Rings and Small Satellites, Science, Vol. 307, No. 5713, pp. 1226-1236 e recibiu a designación temporal de S/2004 S 1. Methone é tamén coñecida coma Saturno XXXII.
Methone está visiblemente afectada por unha resonancia de lonxitude media coa moito máis grande e masiva Mimas. Isto causa unha perturbación orbital no semieixo maior duns 20 kms de variación respecto da lonxitude do citado semieixo, se este non estivese perturbado, e ademais 5° na lonxitude, estas variacións teñen lugar ó longo duns 450 días terrestres. A excentricidade e inclinación tamén varían pero en diferentes escalas de tempo, varía entre 0,0011 e 0,0037 para a excentricidade e entre 0,003° e 0,020° para a inclinación. A proximidade ás órbitas de Pallene e Anthe suxire que estas lúas poderían formar parte dun grupo dinámico.
O nome de Methone foi aprobado pola UAI o 21 de xaneiro do 2005 IAUC 8471: Satellites of Saturn 21 de xaneiro do 2005 (bautizando a lúa) e ratificado na Asemblea Xeral da UAI do 2006. Methone recibiría o nome dunha das sete fillas do xigante Alcioneo.Nos anuncios de prensa mencionábase á primeira persoa que avistara a lúa nas imaxes da Cassini. Aínda que algunhas fontes sinalaban ó descubridor, isto volveríase trivial ó longo dos seguintes meses xa que o descubrimento era froito dun traballo de equipo, con decenas de persoas implicadas e centos de horas de traballo colaborativo, nunha decisión consciente e a tenor dos datos, bastante correcta, a UAI outorgoulle a oficialidade do descubrimento ó "Equipo de Imaxes da Cassini".
miniatura|esquerda|Methone
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Saturno Pallene Anthe
Ligazóns externas
Methone Profileby NASA's Solar System Exploration IAU Working Group for Planetary System Nomenclature
Categoría:Lúas de Saturno