miniatura|225px|Edouard-Léon Scott de Martinville. miniatura|225px|Thomas Alva Edison.
A historia do rexistro do son, a gravación do son de forma artificial, comezou o 25 de marzo de 1857, cando Edouard-Léon Scott de Martinville patentou o seu fonoautógrafo, o primeiro invento para o rexistro sonoro. Sábese que o 9 de abril de 1860 se realizou con este artefacto a primeira gravación da que se ten noticia.
En 1877 Thomas Edison creou o seu fonógrafo, o cal se converteu no primeiro aparello en poder reproducir o son gravado. Cando aparecía o fonógrafo xa se estaba pensando na idea da gravación magnética mediante un arame. No entanto, ó magnetófono de arame sucedeulle o mesmo que ó fonógrafo, sendo substituído polo magnetófono. A comezos de 1950 comezouse a fabricar este artefacto para o uso doméstico. Máis tarde viñeron os discos de vinilo a 78 RPM. Coa chegada do microsuco e a nova velocidade de 33 RPM estes foron substituídos, xa que os anteriores tiñan moi pouca duración.
En 1979 inventouse o CD, o primeiro formato dixital para o son, o cal desprazou de inmediato o disco de vinilo e tamén o casete de son. Xa en 1986 comezou a desenvolverse o formato mp3 polos científicos Karlheinz Brandenburg, Popp e Grill. Moito máis tarde, en 1995, Brandenburg usouno por primeira vez no seu propio computador e un ano despois o seu instituto xa tiña 1,2 millóns de euros grazas á patente do formato. Dez anos máis tarde esa cantidade alcanzara os 26,1 millóns. No século XX aparecen os discman xunto ós reprodutores autónomos ou tamén chamados mp3, por que son capaces de reproducir o devandito formato, desprazando os walkman.
Na actualidade, a maioría dos formatos de gravación e reprodución de son teñen formato dixital, aínda que moita xente prefire as gravacións e reproducións analóxicas.
O fonoautógrafo miniatura|225px|Fonoautógrafo, creado en 1857 por Leon Scott. Este dispositivo foi capaz de gravar son, pero non de reproducilo. A primeira invención coñecida dun dispositivo capaz de gravar son foi o fonoautógrafo, do francés Leon Scott, patentado o 25 de marzo de 1857. Este podía transcribir son a un medio visible, pero non tiña un modo de reproducilo despois.
O aparello consistía nun corno ou un barril, o cal recollía as ondas sonoras cara a unha membrana, á que estaba atada unha corda. Cando chegaba o son, esta vibraba e movíase e o son podía gravarse nun medio visible. O fonoautógrafo era considerado como unha curiosidade de laboratorio para o estudo da acústica. Era usado para determinar a frecuencia dun ton musical, e para estudar o son e a fala.
Non se entendeu até despois do descubrimento do fonógrafo que a onda gravada polo fonoautógrafo era, de feito, unha gravación do son que tan só precisaba dun medio de reprodución adecuado para soar, e ser escoitada por un usuario.
A primeira gravación da historia Un equipo logrou ter acceso ás gravacións do fonoautógrafo de Leon Scott, que estaban gardadas na oficina de patentes da Academia das Ciencias de Francia. Escanearon o papel en relevo, cun sofisticado programa de computador desenvolto anos antes pola Biblioteca do Congreso estadounidense. As ondas do papel foron traducidas por un computador a sons audibles e recoñecibles. Un deles, creado o 9 de abril de 1860, resultou ser unha gravación de 10 segundos (de moi baixa fidelidade, pero recoñecible) de alguén cantando a canción popular francesa Au Clair da Lune. Este fonoautograma é a primeira gravación de son coñecida, así como a primeira gravación que é empiricamente reproducible, moi anterior á gravación do reloxo parlante de Frank Lambert e a dun concerto de Händel realizada pola Compañía Edison, que datan de dúas e tres décadas despois, respectivamente.
A invención do fonógrafo por Edison miniatura|225px|Fonógrafo de Edison. O fonógrafo emprega un sistema de gravación mecánica analóxica no cal as ondas sonoras, que poden ser producidas pola voz ou por outros medios, son transformadas en vibracións e estas crean un suco na superficie, polo que máis tarde pasará unha agulla, a cal recollerá as vibracións no cilindro do fonógrafo. O fonógrafo, de xeito diferente ao fonoautógrafo (que non podía reproducir as súas gravacións realizadas), foi o primeiro que puido tanto gravar como reproducir sons.
Thomas Alva Edison anunciou a invención do seu primeiro fonógrafo o 21 de novembro de 1877, mostrouno por primeira vez o 29 de novembro dese mesmo ano e patentouno o 19 de febreiro de 1878. Un pouco máis tarde patentou o megáfono. Inicialmente empregáronse cilindros de cartón recubertos de estaño; máis tarde de cartón parafinado e finalmente de cera sólida. O cilindro de cera, de maior calidade e durabilidade, comercializouse desde 1889, un ano despois de que aparecese o gramófono.
O disco de vinilo miniatura|225px|Disco de vinilo. miniatura|225px|Agulla de tocadiscos Bang & Olufsen MMC2. miniatura|225px|Tocadiscos Dual 1219. miniatura|225px|Pick-up Fonica Tranzyston.
O disco de vinilo apareceu en 1888 xunto ó gramófono. Ó principio graváronse discos de 5 polgadas a 78 ou 80 RPM. Para a época os gramófonos usaban motores de corda, que non eran capaces de controlar unha velocidade constante de 78 RPM. Houbo que esperar á aparición dos motores asíncronos. Axiña, en 1900, comezouse a gravar en ambas as dúas caras.
Aproximadamente en 1934 apareceron os discos de acetato, os cales permitían unha gravación máis rápida, coa vantaxe de que non precisaría ningún tratado químico. O seu principal inconveniente era que só duraban cinco ou seis reproducións.
En 1931 inventouse a reprodución a 33 RPM, a cal ó ser menor daba máis duración ao disco, duns quince a uns vinte minutos. En 1945 créase a maneira de facer máis pequenos os sucos e así facer que entren máis sucos que antes. Denominouse "microsuco" e era capaz de chegar a entrar case dez sucos nun milímetro, o cal grazas a esta nova tecnoloxía e á velocidade de 33 RPM, os discos de vinilo agora poden chegar a durar de trinta a máis de corenta minutos.
O gramófono O gramófono de Berliner foi patentado en 1887 ou 1888. Consta dun prato xiratorio, un brazo, unha agulla ou púa, un amplificador ou bucina e un motor a corda, o cal viraba a 78 ou 80 RPM.
Nun principio os gramófonos utilizaron discos de 5" con goma endurecida, o chamado "vulcanite". Estes discos estiveron dispoñibles por un prazo moi curto, xa que era unha medida experimental. En novembro de 1894 apareceron os discos de 7". Pese a todo os discos de goma endurecida non tiñan un son tal fiel como os do fonógrafo e isto produciu a súa baixa comercialización. O gramófono, igual que o fonógrafo, emprega un sistema de gravación mecánica analóxica no cal as ondas sonoras son transformadas en vibracións mecánicas que fan mover unha púa, a cal traza sucos que conforman unha espiral sobre a superficie dun disco metálico que foi tratado quimicamente. En forma inversa, ó percorrer o suco dun disco cunha púa xéranse vibracións mecánicas, as cales se transforman en sons que son emitidos pola bucina.
O gramófono acabou impoñéndose sobre o fonógrafo polo menor custo de produción das gravacións destinadas a este dispositivo, dado que a partir dun único molde orixinal podían realizarse miles de copias. Para facer gravacións de fonógrafo en masa precisábanse varios fonógrafos gravando os cilindros. Tamén o mecanismo do gramófono era máis sinxelo, máis barato e tiña maior duración, por esas razóns este permaneceu e desprazou ao fonógrafo.
O tocadiscos O tocadiscos apareceu por primeira vez en 1925, cando aparecen os primeiros amplificadores de válvulas e nace o pick-up. Ademais, coa idea de reproducir os discos de forma eléctrica e non electroacústica, a reprodución eléctrica dos discos traía moitas vantaxes, como poder posuír o control de volume da reprodución. O tocadiscos agora posuía un motor eléctrico que permite que o prato xiradiscos rote a unha velocidade máis constante de 78 RPM ou 33 RPM, logrando así mellor calidade e menor desgaste do disco polo peso do brazo, entre outros beneficios.
Máis tarde apareceron tocadiscos máis sofisticados: Os semiautomáticos, cando se terminaba o disco eran capaces de retornar o brazo fonocaptor automaticamente ao seu lugar e apagar o motor e a corrente do aparello. Os automáticos, eran capaces de mover o brazo por si mesmos para reproducir o disco, así tamén se se puñan varios discos á vez podíase reproducir varios discos (só unha cara), e terminar automaticamente a reprodución de todos. Non obstante estes tocadiscos retiráronse do mercado porque gastaban o disco debido ó peso do brazo. Estes tocadiscos recibiron o nome de Wincofono nalgúns países, xa que Winco era a marca que os producía.
Este artefacto converteríase no sistema reprodutor de son que se mantería por máis tempo até a actualidade, tanto para a venda como para o uso. En 1950 aparecen os chamados "combinados", xeralmente tocadiscos con radio e en 1958 empezáronse a publicar os primeiros discos con son estéreo.
A discorola En 1950, en Chile, apareceu a discorola, que era un simple tocadiscos pero sen o circuíto eléctrico de amplificación, o cal comezou a fabricarse a fins dos anos cincuenta até fins dos anos sesenta pola Corporación de Radio de Chile (CRC), comercializado baixo a súa propia marca CRC, e tamén coa marca RCA Victor. A discorola levaba un cable de saída de son monofónico (unha soa canle), este cable sae da cápsula e pasa por un potenciómetro de axuste de saída, que se conecta á entrada situada detrás dun receptor de radio, tamén monofónico (xeralmente da mesma marca), mediante conectores RCA. O receptor de radio levaba a entrada de son etiquetada como "enchufe de pick-up da discorola" indicando ao usuario que alí podía conectarse unha discorola, e á vez a modo de propaganda, recomendarlle a compra deste artigo. Este tipo de tocadiscos comezaron a fabricarse sen cuberta protectora e só para usarse con discos de 78 RPM. Posteriormente adaptáronse ás velocidades 33 e 45 RPM dos discos microsuco, debido á súa alta demanda e a posterior decadencia dos discos de goma laca. As discorolas foron pensadas principalmente para a xente de clase popular, xa que moitas persoas non tiñan medios para adquirir radios e tocadiscos amplificados por separado. Entón a discorola converteuse no engadido de baixo custo ideal para transformar a radio da casa, moitas veces o único, nun radiofonógrafo capaz de reproducir calquera disco de venda no comercio a un prezo máis accesible.
O rexistro magnético miniatura|225px|Magnetófono de arame. miniatura|225px|Magnetófono de bobina aberta Telefunken. miniatura|225px|Casete compacto Sony. miniatura|225px|Casete Maxell e microcasete Olympus. Na época en que Edison patentou o fonógrafo, no ano 1878, o sistema de gravación magnética estaba a xestarse grazas a que Oberlin Smith comezou a gravar conversas de teléfono nunha corda de piano. Este proxecto quedou estancado, xa que a tecnoloxía electrónica non estaba desenvolta o suficientemente como para amplificar as débiles correntes que producía o campo magnético gravado. Con todo Smith seguiu experimentando cun artefacto parecido ao fonógrafo, chamado telegráfono.