miniatura|Pedal Ibanez CF7 Chorus/Flanger. miniatura|Exemplo de flanger. Unha mostra pequena seguida de dúas versións con flanger. O flanger é un efecto de son que produce un son característico metalizado oscilante, sobre todo en frecuencias medias e altas. O efecto flanger obtense duplicando a onda sonora orixinal; unha das ondas mantense limpa de procesado, mentres que á segunda se lle aplica un delay (atraso) de entre 5 e 25 milisegundos, co que se crea un efecto de comb filter (filtro de peite), que actúa respectando os harmónicos.
Características Este efecto ten a súa orixe nas gravacións magnetofónicas en cinta aberta. Consiste en mesturar o sinal orixinal cunha copia retardada no tempo, coa particularidade de que o retardo é moi breve pero varía de forma periódica.
Os controis máis comúns nos aparatos de procesado de flanger son: Atraso: é o desfase máximo da onda duplicada respecto da orixinal. Frecuencia: é a frecuencia de oscilación do desfase da onda duplicada. Profundidade: é a cantidade de onda orixinal que se mestura.
O flanger, debido ao seu son tan característico é denominado como o efecto de “avión a reacción”, a característica do seu son aínda é máis evidente se se aplica a un ruído branco.
Aínda que a orixe do flanger está nas gravacións magnetofónicas en cinta aberta, na década dos 70 os avances tecnolóxicos fixeron posible crealo nun estado sólido chamado pedal, utilizando a tecnoloxía de circuítos integrados. Estes dispositivos divídense en dúas categorías: analóxica e dixital.
O pedal de flanger máis coñecido é o Electro Harmonix Mistress xunto co BOSS Flanger BF-3. O efecto flanger na maioría dos casos é un efecto dixital e baséase na tecnoloxía DSP.
Historia Este é un dos efectos máis utilizados na actualidade tanto en guitarras coma en baixos eléctricos, e incluso en voces. De feito segundo o historiador Mark Lewisohn foi Lennon o que lle puxo nome a este efecto durante unha gravación, na que este comezou a chamar o proceso ADT como flanger, para pedirlle así a George Martin (produtor de The Beatles) que dobrara a voz dunha canción e así evitar ter que volver gravar outra voz por baixo. The Beatles tiveron tanta influencia que se foi estendendo o termo flanger ata a actualidade. A primeira pista dos Beatles na que se fixo uso deste efecto foi en Tomorrow Never Knows do disco Revolver, que foi gravado o 6 de abril de 1966.Lewisohn, Mark. The Beatles: Recording Sessions (Nova York: Harmony Books, 1988), páxina 70.
Outros din que foi George Chkiantz, un enxeñeiro empregado dos OLYMPIC STUDIOS en Londres. Nese mesmo ano The Small Faces utilizan na gravación do seu sinxelo Itchcoo Park este efecto.Hodgson, Jay (2010). Understanding Records, p.142. ISBN 978-1-4411-5607-5. Interludios entre coro e verso en 0:50–1:07, 1:40–2:05, e 2:20–2:46.
Así comezou a súa andaina o efecto flanger ata os nosos días, nos que se converteu nun dos efectos máis coñecidos no mercado.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Phaser Ecualizador Filtro comb Mesa de mesturas
Categoría:Teoría musical