miniatura|250px|Escudo de Galicia. Galicia ou GalitziaCriterios para o uso da lingua, SNL da Universidade da Coruña, 2012.Lingua galega: dúbidas lingüísticas, ANL da Universidade de Vigo, 2004. (en alemán: Galizien, en polaco: Galicja, en ucraíno: Галичина Halychyna, en checo e eslovaco: Halič; en húngaro: Galícia / Kaliz / Gácsország / Halics; en romanés: Galiția / Halici; en ruso: Галиция / Галичина, Galitsiya / Galichina; en ruteno: Галичина, Halychyna; en yiddish: גאַליציע Galitsie) é unha rexión histórica do leste de Europa, que antigamente foi un pequeno principado e cuxo territorio na actualidade se divide entre Polonia e Ucraína.
Hai unha considerable superposición entre Galicia e o suroeste de Rutenia, especialmente referida a unha rexión transfronteiriza centrada no óblast de Zakarpattia, a rexión transcarpática da Ucraína actual, que está habitada por diversas nacionalidades, incluíndo a minoría rusina. Neste sentido moderno, Rutenia esténdese á Ucraína occidental, sueste de Polonia e Eslovaquia
Galicia foi, durante moitos séculos, unha rexión tapón, unha zona de paso e un cruzamento de culturas, entre o imperio dos Habsburgo e o Imperio ruso, entre a Igrexa católica e a Igrexa ortodoxa. Por iso, a rexión posúe unha rica historia multicultural, marcada durante séculos por, entre outros, os xudeus e os armenios.
O século XX foi o máis tráxico dos períodos da historia de Galicia, teatro dos enfrontamentos durante a primeira guerra mundial e vítima das atrocidades cometidas polos nazis na segunda.
Nome miniatura|130px|A gralla cereixeira no escudo da rexión histórica de Galicia alude á cidade de Hálych. O nome da rexión débese ao da antiga cidade medieval de Hálych, histórica cidade á beira do río Dniéster no oeste de Ucraína.
O nome Galicia foi mencionado por primeira vez en crónicas históricas húngaras do ano 1206, que se refería á rexión como Galiciæ.
O nome ucraíno de Галич, Hálych, en ruso Галич, Galich, en polaco Halicz, en alemán Halytsch, en lituano Halyčas e Galic en latín, provén dos Khwalis ou Kaliz que ocuparon a rexión desde a época dos maxiares, que tamén foron chamados Khalisioi en grego e Khvalis (Хваліс) en ucraíno.
Algúns historiadores especularon que o nome tiña que ver cun grupo de persoas de orixe celta que podían estar cerca e que se relacionan con moitos topónimos similares de Europa e Asia menor, como a antiga Gallia ou os galos (a Francia moderna, Bélxica e Italia do norte, e os seus habitantes, respectivamente), Galacia (na Turquía moderna), Galicia, na Península Ibérica e a romanesa Galați.
Outros afirman que o nome ten orixe eslava, de halytsa (galitsa), que significa "un outeiro espido (sen bosques)", ou de hálych (galyk), que significa "gralla cereixeira".Magocsi, Paul Robert (1983): Galicia: a Historical Survey and Bibliographic Guide. Toronto, Ontario: University of Toronto Press. ISBN 0-8020-2482-3. p. xv (cita: Esta gralla aparece no antigo escudo da cidade de Hálych en Ucraína, e suponse que o nome da cidade deriva da palabra en eslavo oriental coa que se designa esta ave). A gralla utilizouse no escudo da cidade e máis adiante tamén no escudo de Galicia.
Este nome, porén, é anterior ao uso dos escudos de armas, polo que pode ser unha etimoloxía popular.
Xeografía miniatura|330px|Mapa físico de Galicia. miniatura|330px|Mapa do reino de Galicia en 1897. miniatura|330px|A Galicia oriental na Ucraína actual.
Antes da primeira guerra mundial, a rexión tiña unha superficie duns 78 000 km2, e pertencía ao Imperio Austrohúngaro dos Habsburgo.
O territorio de Galicia abrangue as montañas máis setentrionais dos Cárpatos, entre eles o pico Hoverla, o cumio máis alto de Ucraína, con 2.060 m2 de altitude, e parte da cunca dos ríos Dnister, San e Bug Occidental.
Á Galicia polaca (Galicia occidental) pertencen: o voivodato da Pequena Polonia,Cómpre non confundir coa Pequena Polonia (rexión histórica), tamén chamada Polonia Menor (en polaco: Małopolska e en latín Polonia Minor) o voivodato de Subcarpatia unha parte do voivodaro de Silesia (soamente Żywiec e Biała
Mentres que a Galicia oriental ucraína comprende: o óblast de Lviv o óblast de Ivano-Frankivsk unha parte do óblast de Ternopil
Principais cidades
Brody (Lubicz) Drohobytch Jarosław Kalouch Kolomyia Cracovia Lviv Nowy Sącz Przemyśl Rzeszów Sambir Sanok Ivano-Frankivsk Stryï Tarnobrzeg Tarnów Ternopil Tchervonohrad
Historia Antigüidade A rexión estaba habitada por tribos xermano-celtas como os Lugii (que comprendían tamén aos Arii, os Elveconi, os Naharvali, os Manimii e os Eisii), asociados á cultura de Przeworsk na época de Tolomeo que os menciona na súa Geographia, a rexión tamén foi poboada polos vándalos (dos que os silingos eran probablemente parentes dos Elisii) e os godos antes da caída do Imperio romano.
Idade Media
miniatura|dereita|230px|Mapa do Principado de Hálych no século XIII, que formou o núcleo do que máis tarde sería Galicia.
A mediados do século VI, os eslavos substituíron as tribos xermánicas e celtas. Tratábase da tribo dos croatas brancos, aliados no século IX a Moravia e no século X a Bohemia. Os reis de Polonia e os príncipes da Rus de Kíiv disputaron Galicia no século XI.
En 1084 xurdiron principados independentes en Przemyśl, Terebovlia e Zvenyhorod, dirixidos polos fillos de Rostislav de Tmutarakan, Rúrik, Vasilko e Volodar, da dinastía Ruríkida. En 1141, Vladimirko de Galicia reuniunos no seo dun único principado e instalou a capital en Hálych.
Baixo Iaroslav I Osmomisl, Galicia coñeceu un período de desenvolvemento económico rápido, e estendeu o seu territorio até o delta do Danubio e o porto de Galați, establecendo un comercio florecente co Imperio bizantino e Bulgaria.
En 1199 Román de Volinia o Grande apoderouse de Galicia e formou o principado duplo de Galicia-Volinia do que Halych foi a capital.
Vencellada ao Rus de Kíiv desde o século IX converteuse, a partir do século XII, nun dos máis prósperos Estados do leste de Europa. Pero durante a invasión mongol de Rusia de 1241, Galicia-Volinia foi duramente castigada, e os seus gobernantes buscaron unha unión co oeste e solicitaron unha alianza coa Igrexa católica.
Halych-Volinia tranformouse nun poderoso principado baixo o reinado de Román o Grande en 1170–1205. Daniel I, que foi proclamado rei polo papa Inocencio IV en 1253, e o seu fillo León I minimizaron a influencia mongol sobre o seu reino. Durante o seu reinado Galicia-Volinia experimentou un período de crecemento económico rápido. Foron fundadas numerosas cidades, entre elas Lviv, atraendo a comerciantes e artesáns, alemáns, xudeus e armenios.
No século XIII, o rei André II de Hungría utilizou o nome Galicia e Lodomeria —unha versión latinizada das linguas eslavas Hálych e Volodymyr / Volyns'kyi / Volodymyr, as principais cidades do principado de Hálych-Volinia—, que os húngaros gobernaron desde 1214 a 1221.
Despois de 1346, parte da rexión foi ocupada polos polacos, e foi dividida en voivodatos. Nesta época comezou unha política de asentamentos polacos entre a poboación rutena. Tamén se produciu unha gran migración de armenios e xudeus. Durante este tempo construíronse numerosos castelos e foron fundadas algunhas novas cidades, como Stanisławów (Stanyslaviv en ucraíno), hoxe Ivano-Frankivsk e Krystynopol (hoxe Chervonohrad).
En 1349, Casimiro o Grande incorporou a parte occidental a Polonia (a coñecida como Galicia occidental), mentres que a Galicia oriental pasou ao poder do duque de Lituania.
Idade Moderna Galicia baixo a Mancomunidade Polaco-Lituana
Logo de asinada en 1569 a Unión de Lublin, as dúas Galicias pasaron a formar parte da República das Dúas Nacións.
Galicia foi moitas veces obxecto de incursións por parte dos tártaros e dos turcos otománs nos séculos XVI e XVII, e devastada durante a rebelión de Bohdan Khmelnitski, atamán do Hetmanato cosaco (1648–1654), a guerra ruso-polaca (1654–1667), a vitoria pírrica ante as invasións suecas durante O Diluvio no curso da Segunda Guerra do Norte (1655-1660) e a Gran Guerra do Norte de principios do século XVIII.
Galicia baixo os Habsburgo
Aínda que os húngaros foron expulsados de Hálych-Volinia en 1221, os reis húngaros continuaron engadindo Galicia e Lodomeria aos seus títulos oficiais. En 1527, os Habsburgos herdaron eses títulos, xunto coa coroa húngara.
miniatura|230px|Situación do reino de Galicia-Lodomeria no Imperio Austrohúngaro. miniatura|230px|Cambios territoriais de Galicia, 1772-1918. 230px|miniatura|Territorio da Cidade Libre de Cracovia (ou República de Cracovia), en laranxa, entre os seus tres veciños (Reino de Prusia, Imperio austríaco e Imperio ruso.) miniatura|230px|Escudo do Reino de Galicia e Lodomeria durante o Imperio Austrohúngaro (1772-1918).
En 1772, a emperatriz María Teresa, arquiduquesa de Austria e raíña de Hungría, decidiu utilizar esas reivindicacións históricas para xustificar a súa participación na primeira repartición de Polonia. En 1772, a Galicia era a parte máis importante anexionada por Austria na primeira repartición de Polonia. Gran parte da Polonia menor —Nowy Sącz e Przemyśl (1772–1918), Zamość (1772–1809), Lublin (1795–1809), Cracovia (1846–1918)— formou parte da Galicia austríaca.
A rexión austríaca de Polonia, que formaría parte máis tarde de Ucraína, era coñecida co nome de Galicia, mentres que a zona do norte de Hungría anexionada por Rusia coñecíase na época como Lodomeria. De feito, os territorios adquiridos por Austria non correspondían exactamente aos da antiga Hálych-Vlinia, o que non impediu que os territorios adquiridos foran chamados co nome de Reino de Galicia e Lodomeria (Königreich Galizien und Lodomerien), ao que até 1849 pertenceu tamén a Bucovina. Porque Volinia, incluída a cidade de Volodymyr-Volynsky (Włodzimierz Wołyński) da que Lodomeria tomara o seu nome, foi adxudicada a Rusia, non a Austria. Lodomeria, baixo o nome de Volinia, non foi gobernada por Austria, senón polo Imperio ruso.
A pesar do feito de que a reclamación derivaba da coroa húngara histórica, Galicia e Lodomeria non foi oficialmente asignada a Hungría e, despois do Ausgleich de 1867, formou parte da Cisleitania, a parte de Austra-Hungría administrada polos austríacos.
O nome oficial completo da nova provincia austríaca foi Reino de Galicia e Lodomeria cos Ducados de Auschwitz e Zator. Despois da incorporación da Cidade Libre de Cracovia en 1846, foi ampliado a Reino de Galicia e Lodomeria co Gran Ducado de Cracovia e os ducados de Auschwitz e Zator (en lingua alemá|alemán]], Königreich Galizien und Lodomerien mit dem Großherzogtum Krakau und den Herzogtümern Auschwitz und Zator).
Cada unha destas entidades era formalmente independente, e foron listadas como tales nos títulos do emperador austríaco, e cada unha tiña o seu escudo e a súa bandeira. Porén, para fins administrativos, formaron unha soa provincia. Os ducados de Auschwitz (Oświęcim) e Zator eran pequenos principados históricos ao oeste de Cracovia, na fronteira coa Silesia prusiana.
Por outra parte, despois da terceira repartición de Polonia, gran parte da terra polaca de occidente (a Nova Galicia) engadiuse á xa existente provincia de Galicia. Lemberg (Lviv) foi a capital da Galicia austríaca, que estaba dominada en gran parte pola aristocracia polaca, aínda que a poboación fose case toda ucraína ou rutena. Tamén era numerosa a poboación xudía na zona, concentrada na parte oriental da provincia.