Atlas (en grego Άτλας) e un satélite interior de Saturno. Foi descuberto por Richard Terrile no 1980 (algúns días antes do 12 de novembro) a partir de imaxes do programa Voyager e foi temporalmente designado coma S/1980 S 28.IAUC 3539: 1980 S 28 13 de novembro do 1980 (descubrimento) En 1983 recibiu oficialmente o nome de Atlas que provén da mitoloxía grega, porque el "sostén cos seus ombreiros os aneis" do mesmo xeito có Titán Atlas sostiña a Terra.IAUC 3872: Satellites of Jupiter and Saturn 30 de setembro de 1983 (nomeando a lúa) Foi tamén designado coma Saturno XV.
Características Atlas é o satélite máis próximo á beira externo do anel A, e a pesar do seu tamaño pensouse durante bastante tempo que era unha lúa pastor deste anel. Porén, agora é sabido que a beira exterior deste anel é mantido estable por unha resonancia orbital de 7:6 coas lúas moito máis masivas e distantes, Xano e Epimeteo. No 2004, un anel moi feble e delgado que recibiu a designación provisional R/2004 S 1, foi descuberto dentro da órbita de Atlas.IAUC 8401: S/2004 S 3, S/2004 S 4, and R/2004 S 1 9 de setembro do 2004
Imaxes de alta resolución feitas pola sonda Cassini en xuño do 2005 revelaron unha especie "cinto", unha especie de michelín ó longo do ecuador. A explicación máis plausible para esta rara e prominente estrutura é que o material que é varrido pola lúa, é acumulado por esta preferentemente no ecuador debido ó pequeno grosor do anel. De feito, o tamaño ecuatorial da lúa e comparable ó tamaño esperado para o seu lóbulo de Roche. Isto podería significar que chegados a certo punto, as partículas que pretendan acumularse no ecuador, veríanse arredadas da lúa ó supera-la forza centrifuga da lúa á da súa propia gravidade.
Atlas está significativamente perturbada por Prométeo e dun xeito máis suave por Pandora, chegando a variacións na súa lonxitude (orbital) de 600 km (~0,25°) respecto do que debería se-la súa órbita kepleriana, estas variacións suceden ó longo dun período de 3 anos. Dende que se coñece que as órbitas de Prométeo e Pandora son caóticas, tamén se comezou a sospeitar que a órbita de Atlas tamén o é.
Galería
Notas
Véxase tamén Outros artigos Saturno Prométeo Pandora
Ligazóns externas
Atlas Profile by NASA's Solar System Exploration The Planetary Society: Atlas NASA factsheet
Categoría:Lúas de Saturno