Buton (tamén coñecida como Butung ou Boeton), é unha illa de Indonesia, que se atopa preto da costa da península suroriental de Sulawesi. Pertence á provincia de Célebes Suroriental.
Historia En tempos precoloniales, a illa, entón coñecida como Butung, atopábase na área de influencia de Ternate. Especialmente no século XVI servía como segundo centro rexional do imperio, contralando o comercio rexional e recadando impostos que eran enviados a Ternate.
Porto Murhum, en Bau-Bau, é o principal porto da illa, leva o seu nome en recordo de Sultán Murhum, o primeiro gobernante islámico da illa
Xeografía A maior cidade da illa é Bau-Bau, onde se falan as linguas Wolio e Cia-Cia. As principais illas próximas son Wowoni ao norte, Muna e Kabaena ao oeste e Siumpu ao suroeste. As illas Tukangbesi, das que o golfo de Kolowana Watabo (Teluk Kolowana Watabo) separa a Buton atópanse ao oeste. Nelas fálase a lingua Tukang Besi.
A illa de Batuatas atópase ao sur. O paso de Bouton (como se coñecía antes da independencia) era unha importante canle de navegación no norte do mar de Flores.
Ecoloxía A illa está cuberta por selva tropical e é famosa pola súa fauna. É un dos únicos dous hábitats do anoa, un tipo de búfalo.
Poboación A tribo Cia-Cia da cidade de Bau-Bau utiliza o alfabeto coreano Hangeul para o seu idioma. A alfabetización baseouse en textos do Instituto de Investigación Hunminjeongeum, unha sociedade lingüística de Seúl.
Economía A illa xera unha gran produción de asfalto e outros minerais.
Notas
Véxase tamén
Categoría:Illas do mar de Banda Categoría:Illas de Indonesia