O Val de Fragoso é un contorno natural do río Lagares, en Vigo. Está situado ao sueste da cidade, entre as parroquias de Lavadores e Valadares. É unha das áreas de expansión urbana da cidade, no contorno do Estadio municipal de Balaídos.

O nome "Fragoso" fai referencia a un terreo irregular, pedregoso e abrupto, característica da orografía da zona. Durante a Idade Media e a Idade Moderna, o Val do Fragoso tiña máis poboación e importancia agrícola que a propia vila mariñeira de Vigo, que era un núcleo máis reducido.

Esta xurisdición agrupaba a parroquias que hoxe son barrios e zonas fundamentais da cidade, como Lavadores, Valadares, Santo André de Comesaña, Bembrive, Beade, Matamá, entre outras. O centro neurálxico deste val non era Vigo, senón a parroquia de Freixeiro, onde se reunían os representantes das distintas freguesías.

Co crecemento da vila de Vigo a partir do século XVIII, e especialmente no século XIX co seu desenvolvemento industrial e portuario, a vila foi gañando importancia ata absorber administrativamente as parroquias do antigo val, conformando o gran concello que é hoxe.

Historia Noutrora foi importante polo seu valor como terra de labranza, famosa pola súa fecundidade e por ter máis poboación que a propia vila de Vigo durante a Idade Media e a Idade Moderna, principalmente por mor da poboación mariñeira.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas Asociación veciñal Val do Fragoso no Facebook.

Categoría:Vigo Categoría:Xeografía da provincia de Pontevedra Fragoso