A Senra é un lugar da parroquia de Santiago de Ribarteme no concello pontevedrés das Neves. Segundo os datos do Instituto Galego de Estatística do ano 2008 ten 27 habitantes (13 homes e 14 mulleres).

Patrimonio Salienta no lugar a existencia dunha ponte romana sobre o río Termes, en bo estado de conservación, emprazada nun bosque de freixos, amieiros e carballos. Tamén ten a súa lenda; toda muller cun embarazo difícil debe deitarse ao abeiro da ponte e agardar a que pasen un home e mais unha muller, que serán os padriños do neno e que deberán baixar a lle botar auga sobre o abdome. Ademais, en cada extremo da ponte cómpre que se sitúe un familiar da embarazada para que evite o paso de calquera animal, porque se algún puidese cruzala a muller abortaría.

Lugares e parroquias Lugares de Santiago de Ribarteme

Parroquias das Neves

Notas

Categoría:Lugares das Neves