Os San Francisco 49ers son un equipo profesional de fútbol americano con sede na Área da Baía de San Francisco. Forman parte da National Football League (NFL) como membro da National Football Conference (NFC) na súa División Oeste. O equipo xoga actualmente os seus partidos no Levi's Stadium de Santa Clara, California, cidade situada a 75 km ao sueste de San Francisco en pleno corazón de Silicon Valley. O equipo foi fundado en 1946 como membro da All-America Football Conference (AAFC), uníndose á NFL en 1949 coa fusión de ambas competicións. Os 49ers foron o primeiro equipo das grandes ligas estadounidenses en ter a súa sede en San Francisco. O nome de "49ers" provén do ano da chegada da febre do ouro ao norte de California: 1849. O equipo está legalmente rexistrado como os San Francisco Forty Niners, Ltd. A franquía comezou a xogar no Kezar Stadium de San Francisco, antes de mudarse ao Candlestick Park en 1970 e finalmente ao Levi's Stadium en 2014. A sede administrativa do equipo está en Santa Clara desde 1988.

Os 49ers gañaron cinco títulos da Super Bowl entre 1981 e 1995, era na que estiveron liderados por xogadores como Joe Montana, Jerry Rice, Ronnie Lott ou Steve Young, xunto co adestrador Bill Walsh. Alén diso, o equipo gañou un total de seis campionatos de conferencia, o primeiro en 1981 e o último en 2012. Tamén posúen un total de dezanove campionatos de división entre 1970 e 2012, facendo ao equipo un dos máis laureados da historia da competición. Debido a isto, os 49ers son posuidores de moitos récords da NFL, incluído o maior número de presenzas en finais de conferencia (15, empatados cos Pittsburgh Steelers), a maior xeira de vitorias consecutivas como visitante (18) ou máis partidos consecutivos anotando (de 1979 a 2004). De acordo a Forbes Magazine, os 49ers son a cuarta franquía máis valiosa da NFL, e o décimo equipo deportivo a nivel mundial, por detrás de Los Angeles Lakers e por diante do Bayern München.

Historia Comezos Fundados en 1946, os San Francisco 49ers foron a primeira franquía deportiva profesional con sede en San Francisco e un dos primeiros equipos deportivos profesionais con base na costa oeste dos Estados Unidos. O equipo tamén se converteu no primeiro equipo das catro grandes ligas esetadounidenses, é dicir, MLB (béisbol), NBA (baloncesto), NFL (fútbol americano) e NHL (hóckey sobre xeo), en xogar nesta zona do país. Con todo, ese mesmo ano tamén chagarían á costa oeste os Cleveland Rams, o cales se mudaron aos Ánxeles. O nome de "49ers" provén do ano da chegada da febre do ouro ao norte de California: 1849. A franquía comezou a xogar como membro da All-America Football Conference (AAFC), uníndose á NFL en 1949 coa fusión de ambas competicións, usando como estadio local o Kezar Stadium.

En 1957, os 49ers gozaron do seu primeiro éxito como membros da NFL. Despois de perder o primeiro partido da temporada, os 49ers gañaron os seus tres seguintes encontros contra os Rams, Bears e Packers. O seguinte partido na casa enfrontábaos aos Bears, caendo os de San Francisco por 17-7 despois de dous cuartos. Por desgraza, Tony Morabito, dono da franquía, derrubouse tras sufrir un ataque ao corazón e morreu durante o partido. O falecemento foille comunicado aos xogadores durante o descanso, cando o adestrador Frankie Albert lles entregou unha nota con dúas palabras: "Tony's gone" (do inglés: "Tony foise"). Con bágoas nos ollos e motivados para gañar o partido na súa memoria, os 49ers anotaron 14 puntos sen oposición para gañar 21-17. Tras a morte do propietario dos Niners, Victor Morabito e a viúva de Tony, Josefina V. Morabito, tomaron o control do equipo. O asistente especial dos Morabito, Luís G. Spadia (1921-2013) foi nomeado director xeral. O equipo acabou a temporada cun balance de 8–4, empatando cos Detroit Lions polo título da División Oeste e asegurandose un partido de playoff no seu estadio. Con todo, o equipo non consegue gañar aos de Detroit, sendo o marcador final 31–27. Se tivesen gañado, os 49ers terían xogado a final da liga na súa casa ante os Cleveland Browns. De feito, o título sería gañado finalmente polos Lions tras vencer Browns por 59–14.

Durante os seguintes trece anos os 49ers tiveron un balance de vitorias do 49%, sendo os peores anos 1963 e 1964 onde acabaron cun récord e 2–12 e 4–10 respectivamente. Durante este época os 49ers foron o primeiro equipo en utilizar a formación shotgun, onde o quarterback se aliña sete iardas detrás do center, procurando así dar tempo extra ao xogador para pasar. Esta formación foi utilizada por vez primeira en 1960 e permitiu aos de San Francisco gañar aos Baltimore Colts, os cales non estaban familiarizados coa formación. Entre 1970 e 1972 o equipo colleitou os seus primeiros éxitos, conseguindo tres títulos consecutivos da NFC West, sendo así a única franquía da NFL en gañar os seus primeiros tres títulos divisionais após a fusión da American Football League (AFL) coa NFL. Con todo, un equipo evitou que os de San Francisco chegasen á Super Bowl nas tres ocasións: os Dallas Cowboys. Desde esa temporada até o final da década, o equipo baixou o seu rendemento, chegando a gañar tan só dous partidos de catorce en 1979.

Estadio

miniatura|O Levi's Stadium. Os San Francisco 49ers comezaron a súa andaina en 1946 no Kezar Stadium, un recinto situado na esquina sueste do Golden Gate Park. O Kezar Stadium, que contaba na época con capaciadade para 59.942 espectadores, tamén serviu durante un ano como estadio dos Oakland Raiders. En 1971 o equipo múdase a Candlestick Park, estadio dos San Francisco Giants da Major League Baseball (MLB). Co traslado do equipo de béisbol en 1999, os 49ers pasaron a ser o único equipo en utilizar o recinto, sendo no seu momento o último estadio da NFL que comezara como recinto para o báisbol e acabara como estadio para fútbol.

Xa no século XXI, os 49ers decidiron construír un novo estadio, sendo a súa idea inicial mantelo en Candlestick Point (San Francisco). O proxecto, que incluía plans de mellora urbanística no barrio non puido ser levado a cabo ao fracasar as negociacións co concello. Así, decidiron trasladar o seu proxecto a Santa Clara, aproximadamente a 64 km de San Francisco, onde xa estaba a sede administrativa do equipo. Finalmente, o Levi's Stadium foi inaugurado o 17 de xullo de 2014. O estadio ten capacidade para albergar a 68.500 espectadores, ampliábeis até os 75.000.

EstadioLocalizaciónEstadoCapacidade Período(s) Kezar Stadium San Francisco border|20px|California California 59.942 1946 1970 Candlestick Park San Francisco border|20px|California California 69.732 1971 2013 Stanford Stadium Stanford, Santa Clara border|20px|California California 86.019 1989 (un partido) Levi's Stadium Santa Clara border|20px|California California 68.500 2014 −

Xogadores Cadro actual

Membros do Hall of Fame Os seguintes os xogadores que formaron parte dos San Francisco 49ers e que foron introducidos no Pro Football Hall of Fame. miniatura|Joe Montana (1979–1992) Membros do Pro Football Hall of Fame dos San Francisco 49ers Xogadores No. Nome Posición AnosIngreso No. Nome Posición Anos Ingreso 71 Larry Allen G 2006–2007 2013 84 Randy Moss WR 2012 2018 74 Fred Dean DE1981–1985 2008 73 Leo Nomellini DT1949–1963 1969 95 Richard Dent DE1994 2011 81 Terrell Owens WR 1996–2003 2018 56 Chris Doleman DE1996–1998 2012 34 Joe Perry RB1948–19601963 1969 91 Kevin Greene LB1997 2016 80 Jerry Rice WR1985–2000 2010 94 Charles Haley LB1986–19911998–1999 2015 21 Deion Sanders CB1994 2011 22 Bob Hayes WR1975 2009 32 O. J. Simpson RB1978–1979 1985 57 Rickey Jackson DE1994–1995 2010 79 Bob St. Clair OT1953–1963 2008 37 Jimmy Johnson CB1961–1976 1994 14 Y. A. Tittle QB 1951–1960 1971 35 John Henry Johnson FB1954–1956 1987 64 Dave Wilcox LB1964–1974 2000 42 Ronnie Lott CB1981–1990 2000 26 Rod Woodson CB1997 2009 39 Hugh McElhenny RB1952–1960 1970 8 Steve Young QB1987–1999 2005 16 Joe Montana QB 1979–1992 2000 Adestradores e executivosNomePosiciónsAnosIngresoEdward J. DeBartolo, Jr Propietario 1977–2000 2016Gil Brandt Executivo 1958–1959 2019Bill Walsh Adestrador1979–1988 1993

Títulos Super Bowls Os 49ers posúen un total de cinco trofeos da Super Bowl. Os tres primeiros gañáronos baixo a dirección do adestrador Bill Walsh. Tras a retirada de Walsh despois de gañar o seu terceiro trofeo en 1988, a franquía continuou a gañar baixo a man de George Seifert, o cal foi capaz de gañar o título no seu ano como debutante. Posteriormente, gañaría de novo o campionato en 1994.

<span style="color:#FFFFFF;">Ano <span style="color:#FFFFFF;">Adestrador <span style="color:#FFFFFF;">Super Bowl <span style="color:#FFFFFF;">Sede <span style="color:#FFFFFF;">Opoñente <span style="color:#FFFFFF;">Resultado <span style="color:#FFFFFF;">Balance 1981 Bill Walsh XVI Pontiac, Míchigan Cincinnati Bengals 26–21 16–3 1984 Bill Walsh XIX Stanford, California Miami Dolphins 38–16 18–1 1988 Bill Walsh XXIII Miami, Florida Cincinnati Bengals 20–16 13–6 1989 George Seifert XXIV Nova Orleáns, Luisiana Denver Broncos 55–10 17–2 1994 George Seifert XXIX Miami, Florida San Diego Chargers 49–26 16–3 <span style="color:#000000;">Total de Super Bowls gañadas: <span style="color:#000000;">5

Campionatos da NFC <span style="color:#FFFFFF;">Ano <span style="color:#FFFFFF;">Adestrador <span style="color:#FFFFFF;">Sede <span style="color:#FFFFFF;">Opoñente <span style="color:#FFFFFF;">Resultado <span style="color:#FFFFFF;">Balance 1981 Bill Walsh San Francisco, California Dallas Cowboys 28–27 16–3 1984 Bill Walsh San Francisco, California Chicago Bears 23–0 18–1 1988 Bill Walsh Chicago, Illinois Chicago Bears 28–3 13–6 1989 George Seifert San Francisco, California Los Angeles Rams 30–3 17–2 1994 George Seifert San Francisco, California Dallas Cowboys 38–28 16–3 2012 Jim Harbaugh Atlanta, Xeorxia Atlanta Falcons 28–24 13–4–1 <span style="color:#000000;">Total de campionatos da NFC gañados: <span style="color:#000000;">6

Notas

Véxase tamén Outros artigos San Francisco National Football League

Ligazóns externas Sitio web oficial Comunidade de seareiros do club Novas sobre o equipo

49ers