Los Angeles Chargers son un equipo profesional estadounidense de fútbol americano con sede na área metropolitana dos Ánxeles (California). Forman parte da National Football League (NFL) como membro da División Oeste da American Football Conference (AFC). O club comezou a súa historia en 1960 nos Ánxeles como un dos membros fundadores da American Football League (AFL), con todo, o equipo mudaría a súa sede a San Diego ao seguinte. A súa chegada á NFL sería en 1970 como resultado da fusión da AFL coa NFL, xogando os seus partidos como local no Qualcomm Stadium. Desde 1994 até 2016 foron o único equipo da liga con sede no Sur de California. En 2017 o club anuncia o seu retorno á cidade anxelina, xusto un ano despois da volta á cidade dos Rams. Durante os próximos anos o equipo usará como estadio local o StubHub Center de Carson.

Xogadores Cadro actual

Notas

Chargers Chargers