Seaia é un lugar da parroquia de Malpica de Bergantiños no concello coruñés de Malpica de Bergantiños na Comarca de Bergantiños. Segundo o IGE no ano 2018 tiña 158 habitantes (77 homes e 81 mulleres).
Historia Aparece en documentación do século IX co nome de Salagia. A súa xurisdición abranguía parroquias dos concellos de Ponteceso e Malpica de Bergantiños. En Seaia estivo a igrexa parroquial antes de ir para Malpica, e foi arciprestado de seu até que se integrou no de Bergantiños. Na aldea consérvase o Pazo do Arcipreste.
Lugares e parroquias Lugares de Malpica de Bergantiños
Parroquias de Malpica de Bergantiños
Seaia