O Premio Bodil (Bodilpris) é un dos máis antigos premios cinematográficos daneses, outorgado pola Asociación Nacional de Críticos de Cine de Dinamarca (Filmmedarbejderforeningen).

Historia e características Foi concedido por vez primeira o 28 de abril de 1948, e premia a filmes e actores aos cales os críticos consideran de máis mérito, sen ter en conta intereses comerciais. Entréganse anualmente nunha cerimonia que se celebra no Cine Imperial en Copenhaguen. O seu nome fai referencia a dúas importantes actrices danesas, Bodil Kier e Bodil Ipsen.

O trofeo representa unha figura feminina feita en porcelana e foi deseñada polo artista Ebbe Sadolin e esculpido por Svend Jespersen.

Categorías Existen as seguintes categorías:

Mellor película danesa (desde 1948) Mellor actor principal (desde 1948) Mellor actriz principal (desde 1948) Mellor actor secundario (desde 1948, intermitente) Mellor actriz secundaria (desde 1948, intermitente) Mellor película estadounidense (desde 1948) Mellor película non estadounidense (desde 1948) Mellor documental ou curtametraxe (desde 1948, intermitente) Mellor película europea (1961-2000) Mellor película non europea (1961-2000) Mellor director de fotografía (desde 2004) Premio Bodil especial (desde 2008) Premio Honorario (desde 1951, intermitente)

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial Ficha en IMDb

Categoría:Premios de cinema de Dinamarca