Benoît de Sainte-Maure foi un poeta normando ou de Tours do comezo do século XII.

Obras miniatura|Le Roman de Troie Le roman de Troie (1160-1170). Escrito en versos octosílabos con rimas emparelladas, este romance é a principal obra medieval en lingua románica tratando a Guerra de Troia. O autor proponse pór en forma de romance os curtos versos da obra latina De Excidio Troiae, de Dares, o Frixio, e de Dictis de Creta, recusando a fonte homérica - considerada mentireira por el. Por moito tempo considerouse que a obra fora dedicada a Aliénor, Duquesa da Aquitania e encomendada por ela como homenaxe a unha "riche dame de riche rei" (rica dama de rico rei). Este feito é posto en dúbida xa que a fórmula utilizada pode tanto remitir á Virxe María como a calquera outra raíña que puidese remunerar o autorEste poema foi publicado en conxunto cun estudo de Aristide Joly (in-4, 1870) e en 1904-1912 por Léopold Constans.. Esta obra serviu de fonte de dúas obras galegas do século XIV: a Crónica troiana e a Historia troiana. L’Estoire des Ducs de Normandie (Historia dos Duques da Normandía) (1175), encomendada polo rei da Inglaterra Henrique II, con base nos textos de diversos cronistas. El adopta de Dudon de Saint-Quentin a tripartición da sociedade feudalEsta crónica foi publicada por Francisque Michel (3 volumes, in-4, 1836-1844)..

Notas

Véxase tamén Bibliografía Histoire des ducs de Normandie et des rois d’Angleterre, Éd. Francisque Michel, Nova York, Johnson Reprint Corporation, 1965 Baumgartner, Emmanuèle. Le Roman de Troie, París, Union générale d’éditions, 1987 ISBN 2264010754 Croizy-Naquet, Catherine. Thèbes, Troie et Carthage : poétique de la ville dans le roman antique au XIIème, París ; Genève, Champion ; Slatkine, 1994 Gauthier, Anne Marie. Édition et étude critique du cycle des retours du Roman de Troie de Benoît de Sainte-Maure d’après le manuscrit Milano, Biblioteca Ambrosiana D 55 sup et six manuscrits de contrôle, Ottawa, Bibliothèque nationale du Canada, 1999 Pey, Alexandre. Essai sur le Roman d’Enéas'', París. 1856, in-8°.

Ligazóns externas Le Roman de Troie Excerto do prólogo do Roman de Troie

Categoría:Escritores de Francia Categoría:Literatura medieval da Guerra de Troia