O circuíto de Yas Marina (tamén coñecido como Illa Yas) é un circuíto de carreiras que se construíu na illa do mesmo nome en Abu Zabi, Emiratos Árabes Unidos para celebrar o Gran Premio de Abu Zabi de Fórmula Un desde o ano .
Deseño
As vinte e un curvas serpentean a través da illa Yas fronte á costa de Abu Zabi,http://www.formulaf1.es/circuito/yas-marina-abu-dhabi/ pasa polo porto deportivo e a través do Hotel Yas Viceroy Abu Zabi deseñado e concibido polos arquitectos de Nova York Hani Rashid e Lise Anne Couture de Asymptote Architecture, e serpentean a través das dunas de area, con varias rectas longas e curvas pechadas.
A mariña, ademais do circuíto, inclúe un parque temático, unha parque acuático, así como zonas residenciais, hoteis e praias.
O circuíto ten cinco áreas de tribuna (tribuna principal, Tribuna Oeste, Tribuna Norte, Tribuna Sur e Tribuna da Mariña, parte da saída do Pit Lane pasa por baixo da pista. Tamén alberga un edificio para os equipos detrás do edificio de boxes, Media Center, unha pista de Dragster, Torre VIP e un parque temático de Ferrari. Ademais, unha das trampas de grava atópase debaixo da Tribuna Oeste.
Capacidade de asentos - 41.093 superficie - 161,9 hectáreas Lonxitude - 5´5
O circuíto de Yas Marina foi construído pola empresa Aldar, que tamén construíu o parque temático, o porto deportivo, zonas residenciais, o parque acuático, zonas de deporte e lecer, así como hoteis e resorts de praia na zona circundante.
O circuíto caracterízase por contar con novidades tecnolóxicas que serviran de referencia para outros trazados. Sen dúbida as maiores novidades son que o pit-lane, na parte da saída de boxes a pista, cruza a pista por baixo, para conseguir máis seguridade na incorporación dos monoprazas á pista e para aproveitar o espazo. Tamén se aproveitou espazo colocando as bancadas sobre as escapatorias do circuíto, achegando deste xeito a vista do circuíto aos afeccionados e aforrando espazo. Con este sistema, cando algún vehículo sáese de pista, se introduce debaixo do público. Sobre os boxes hai unha tribuna, algo pouco frecuente nos circuítos de Fórmula 1. Un complexo hostaleiro con vistas ao circuíto desde as habitacións e terrazas atópase sobre as últimas curvas do circuíto, creando así unha especie de tunel. Tamén hai unha torre de forma cilindrica, desde a cal as vístas son fantásticas.
A pista en xeral é bastante rápida, con varios puntos de freada forte e longas rectas (algunhas curvadas). Conta cunha zona parecida á mítica curva 'Eau Rouge' do circuíto de Spa Francorchamps, cun porto para amarre de iates e cruceiros imitando a Monaco, a curva máis pechada de todas está xunto ao parque temático de Ferrari, xira no sentido contrario ás agullas do reloxo -cousa común nos circuítos novos- e o seu terceiro sector, o máis lento, rodea a zona da mariña.
Características
Capacidade espectadores: 50.000 Lonxitude do circuíto: 5´281 quilómetros. Distancia da carreira de Fórmula 1:58 voltas = 306´183 quilómetros. Curvas: 16 ( a dereita, a esquerda) Curva máis rápida: curva 2 (260 km/h) Curva máis lenta: curva 7 (72 km/h) Distancia ata a 1ª curva: 300 m Recta máis longa: 1.200 m Configuración aerodinámica: media/alta. Velocidade máxima estimada 320 km/h con DRS, 307 km/h sen DRS Aceleración a fondo: 60% do tempo de volta. Tempo de freado: 17% do tempo da volta. Total de combustible necesario para a distancia de carreira: Consumo de combustible: 1´81 kg por volta. Cambio de marchas por volta: 68 Número de zonas de freado: 11 (4 fortes) Zonas DRS: 2, na aproximación a curvas 8 e 11. Desgaste dos freos: alto Desgaste dos pneumáticos: medio Lonxitude do pit lane: 360 m. Tempo en percorrer o pit lane (80 km/h): 16´2 segundos Perda de tempo nunha parada en boxes: Tempo total necesario para a parada en boxes: 23 segundos Efecto de combustible (custo en tempo por volta de 10 kg de combustible transportado): 0´40 segundos. Marca volta: Max Verstappen Red Bull, 1'26.103 en
Galería
Todos os gañadores de Fórmula 1, no circuíto de Abu Zabi
Nº Ano Piloto Construtor Motor Pneu. Duración Lonxitude Voltas Velocidade media Data GP de 1 2009 Sebastian Vettel Red Bull Renault 1:34:03,414 h 5,554 km 55 194,863 km/h 1. novembro Abu Zabi 2 2010 Sebastian Vettel Red Bull Renault 1:39:36,837 h 5,554 km 55 183,923 km/h 14. novembro 3 2011 Lewis Hamilton McLaren Mercedes 1:37:11,886 h 5,554 km 55 188,494 km/h 13. novembro 4 2012 Kimi Räikkönen Lotus Renault 1:45:58,667 h 5,554 km 55 172,878 km/h 4. novembro 5 2013 Sebastian Vettel Red Bull Renault 1:38:06,106 h 5,554 km 55 186,758 km/h 3. novembro 6 2014 Lewis Hamilton Mercedes Mercedes 1:39:02,619 h 5,554 km 55 184,982 km/h 23. novembro 72015 Nico Rosberg Mercedes Mercedes 1:38:30,175 h 5,554 km 55 185,998 km/h 29. novembro 8 2016 Lewis Hamilton Mercedes Mercedes 1:38:04,013 h 5,554 km 55 186,895 km/h 27. novembro 9 2017 Valtteri Bottas Mercedes Mercedes 1:34:14,062 h 5,554 km 55 194,496 km/h 26. novembro 10 2018 Lewis Hamilton Mercedes Mercedes 1:39:40,382 h 5,554 km 55 182,585 km/h 25. novembro 11 2019 Lewis Hamilton Mercedes Mercedes 1:34:05,715 h 5,554 km 55 194,700 km/h 1. decembro 12 2020 Max Verstappen Red Bull Honda 1:36:28,645 h 5,554 km 55 189,902 km/h 13. decembro 13 2021 Max Verstappen Red Bull Honda 1:30:17,345 h 5,554 km 55 203,728 km/h 12. decembro 14 2022 Max Verstappen Red Bull RBPT 1:27:45.914 h 5,554 km 55 209´320 km/h 20. novembro 15 2023 Max Verstappen Red Bull Honda RBPT 1:27:02.624 h 5,554 km 55 211,055 km/h 26. novembro 16 2024 Lando Norris McLaren Mercedes 1:26:33,291 h 5,554 km 55 212,247 km/h 8. decembro 17 2025 Max Verstappen Red Bull Honda RBPT 1:26:07.469 h 5,554 km 55 km/h 7. decembro RécordsPiloto: Lewis Hamilton (5) • País: Reino Unido (5) • Construtor: Red Bull (7) • Motor: Mercedes (7) • Pneus: Pirelli (11)
Notas
Ligazóns externas
Cicuíto de Yas Marina Herman Tilke – the track designer's page Abu Dhabi to stage 2009 F1 finale Yas Marina Circuit unveiled by Abu Dhabi Asymptote Architects circuíto de Yas Marina en Google Maps (Circuítos de Fórmula 1 actuais)
Categoría:Circuítos de Fórmula 1 Categoría:Gran Premio de Abu Zabi de Fórmula 1 Categoría:Emiratos Árabes Unidos