A Real Sociedad Deportiva Alcalá, habitualmente coñecida como Alcalá, é un club de fútbol de España, da cidade de Alcalá de Henares, na Comunidade de Madrid. Foi fundado en 1929 e xoga na Segunda División B de España.
Escudo O escudo representa a defensa da cidade de Alcalá de Henares, por medio da súa muralla, sobre o río Henares.
Himno O himno do Alcalá está escrito por Joaquín Olmeda "Quino", xerente do club, e está cantado por Antonio Cerezo. Compúxose en 1989.
(Pódese escoitar no seguinte enlace: HimnoAlcala.mp3)
Uniforme Primeiro equipamento: Camiseta vermella, pantalón branco e medias vermellas. Segundo equipamento: Camiseta negra, pantalón branco e medias negras.
Estadio
O Estadio Municipal El Val é o estadio onde xoga os seus partidos a Real Sociedad Deportiva Alcalá. Está situado no barrio do Val de Alcalá de Henares xunto á cidade deportiva do Val.
Foi inaugurado o verán de 1973 no Trofeo Cervantes entre o Alcalá e o UD Salamanca. Ten capacidade para 8.000 espectadores e as dimensións do terreo de xogo son de 108 × 70 metros. Os asentos son de cor branca e vermella en honra ás cores do club e posúe terreo de herba natural.
Datos do club Tempadas en 1ª: 0 Tempadas en 2ª: 0 Tempadas en 2ªB: 20 (Incluída a 2012/13) Tempadas en 3ª: 29 Mellor posto histórico: 4º (Segunda B, tempada 2004-05)
Xogadores Cadro 2009/10
Palmarés Torneos rexionais Campionato de Castela (1): 1955-56
Torneos nacionais Terceira División de España (3): 1979-80, 2006-07, 2008-09 Subcampión da Terceira División (1): 1940-41 Rexional Preferente (1): 1994-95 Primeira Rexional (1): 1959-60
Torneos amigables Trofeo Cervantes (8) Trofeo Ciudad de Almendralejo Trofeo Alcarria (3): 1983, 1989, 1996
Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web oficial Foro da RSD Alcalá
Categoría:RSD Alcalá