O branco ou albo é unha cor cuxo espectro luminoso é mestura aditiva de distintos espectros puros, dando unha sensación de claridade. Pódese definir a partir da composición de cores, coas porcentaxes de cada unha precisas, se ben non hai unha única definición de branco.
O branco é a cor do fondo desta páxina. O código HTML para a cor branca pura é #FFFFFF.
O prefixo grego para branco é Leuko-.
Branco tamén é usado para referirse a persoas de pel clara.
Simboloxía da cor branca miniatura|Ancián nepalí con barba e pelo brancos A cor branca simboliza pureza, modestia, inocencia, limpeza, paz (ou rendición), verdade... e transmite sensacións de calma e ledicia .
Galería
Véxase tamén
Outros artigos Lista de cores
Categoría:Cores