Este artigo fai unha breve descrición dos deuses e deusas da mitoloxía celta:
Descrición Balar: Balar, Balor ou Bolar foi un deus irlandés que pertencía á raza dos xigantes Fomoré. Posuía un ollo na fronte e outro na parte posterior da testa, que era maligno e que habitualmente mantiña pechado. Cando o abría, a súa mirada era mortal para aquel en quen a fixase. Coñécese principalmente porque asasinou ó rei dos Tuatha Dé Danann, Nuada, e foi por mor disto que o seu neto Lug lle deu morte.
Morrigu: Mórrígan ou Morrigu, cuxo nome significa literalmente "A raíña das pantasmas", era unha deusa tripartita da guerra dos celtas irlandeses antigos que incitaba ós guerreiros a combater. Colectivamente era coñecida coma MorriguLebor Gabála Érenn §62, 64: "Badb and Macha and Anand... were the three daughters of Ernmas the she-farmer." "Badb and Morrigu, whose name was Anand.", pero as súas personalidades tamén eran chamadas: 1) Nemhain (pánico), de aspecto espantoso que adoptaba só cando se presentaba ante os que ían morrer; 2) Macha (batalla), que aparece baixo a forma dunha femia de corvo e 3) Badh, nome que deriva do protocelta bodbh, "cornexa", forma coa que incitaba ós guerreiros ó combate. Ela é comunmente coñecida por estar involucrada na Táin Bó Cúailnge, onde é ó mesmo tempo unha axudadora e un obstáculo para o heroe Cúchulainn. A miúdo é representada coma un corvo ou cornexa, aínda que podería adoptar moitas formas diferentes (vaca, lobo ou anguía).
Lugh: A difusión estendida do deus Lugh (aparentemente relacionado coa figura mitolóxica Lúgh en irlandés) na relixión celta susténtase polo gran número de lugares nos que aparece o seu nome, aparecendo polo mundo celta de Irlanda e a Galia. As máis coñecidas destas son as cidades de Lugdunum (a cidade francesa moderna de Lión), Lugdunum Batavorum (a cidade moderna de Leiden) e Lucus Augusta (a actual cidade de Lugo, Galicia); ademais a raíz Lug está presente en todo o Cantábrico, coma exemplo temos a tribo dos ástures de nome lugóns (que dá nome a unha pequena aldea, agora conurbación da capital asturiana) ou o termo lugas, que nas terras interiores de Cantabria se refire ós raios do sol que se coan entre as nubes. Lug é descrito nos mitos celtas coma un achegado á listaxe de divindades, e normalmente describese tendo a aparencia dun home novo. Aínda que é o deus máis importante da mitoloxía irlandesa, non é o deus supremo, senón o "deus sen función", porque as ten todas. Lug pertence ós Tuatha Dé Danann pola parte do seu pai, pero ós Fomoré pola parte da súa nai, e na segunda batalla de Mag Tured imponse coma caudillo dos Tuatha dé Danann e lévaos á vitoria, matando ó seu propio avó Balar, o do ollo pernicioso. O seu nome provén dunha voz indoeuropea que significa "branco", "luminoso", pero tamén "corvo", polo que este animal semella estar vinculado dalgunha maneira con el. Ten un aspecto solar, pero non é un deus do sol, pois esta función era feminina entre os celtas. As súas armas eran a xavelina e a fonda, e na Irlanda, unha foliada chamada Lughnasadh (irlandés moderno Lúnasa) conmemórase no seu honorR. A. Stewart Macalister (ed/trans). 1941. Lebor Gabála Érenn: The Book of the Taking of Ireland. Part IV. Irish Texts Society (Vol. XLI), Dublin..
Táboa
Esta táboa mostra algúns dos deuses celtas e romano-celtas mencionados anteriormente, en forma romanizada, así como os antigos nomes gauleses, británicos ou ibéricos, así como os do Tuatha Dé Danann e os personaxes do Mabinogion. Están dispostos para suxerir algunhas asociacións lingüísticas ou funcionais entre os deuses antigos e as figuras literarias. É escusado dicir que todas estas asociacións están suxeitas a continuas revisións e desacordos académicos. En particular, foi sinalado por eruditos como Sjoestedt que é inapropiado intentar encaixar as deidades celtas insulares nun formato romano como tales intentos distorsionan seriamente as deidades insulares.
Traduciónromana Gaulish/Británico/ Celtibero Galés Irlandés antigo Apolo BelenusBormánicoGrannus Beli Mawr Bel Victoria Catubodua Badb Brân Bran Victoria Brigantia Brigid Cicolluis Cichol Baco Cernunnos Amaethon Dôn Dana Epona Rhiannon Macha Vulcano Gobannos Gofannon Goibniu Mercurio Lugus Lleu Lugh Neptuno Manawydan Manannán Apolo Maponos Mabon Maccan Matronae Modron Lamiae Matronae Modron Morrigu Victoria Nemetona Marte Nodens Lludd/Nudd Nuada Hércules Ogmios Eufydd Ogma Maia Rosmerta Hygieia Sirona Silvanus Sucellos Dagda Minerva SulisBelisamaSenunaCoventinaIcovellaunaSequana Junones Suleviae Xúpiter Taranis Taran Tuireann Marte Teutates Mercurio Viducus Gwydion Nemedus Nemed Crouga Crom Cruach Marte Neton Neit Marte Cnabetius (Cenabetius), ,
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Outros artigos Lista de deuses celtas
Ligazóns externas
Categoría:Mitoloxía celta