Dead Space é un videoxogo en terceira persoa pertencente ao xénero dos survival horror. Foi programado por EA Redwood Shores e distribuído por Electronic Arts para Xbox 360, PS3 e PC Windows en outubro de 2008.

Argumento Dead Space narra unha historia de terror acontecida nunha nave espacial, denominada USG Ishimura. A nave interrompeu as comunicacións coa Terra e parece que perdeu a capacidade motriz. Un grupo de técnicos de mantemento foi enviado nun pequeno vehículo para reparar tanto as comunicacións coma os motores. O equipo componse dun enxeñeiro experimentado, Isaac Clarke; unha informática experta, Kendra Daniels; dous escoltas armados e o xefe do equipo, Zach Hammond. A bordo da nave descobren que esta atópase en alerta por perigo biolóxico. A maioría das comportas están pechadas e os circuítos de aire, selados. Os tripulantes da Ishimura desapareceron, pero unha serie de monstros agreden á expedición protagonista. Á medida que avanzan, descobren que aparentemente, un virus accedeu dende unha colonia á nave. O virus infectou aos tripulantes e converteunos en monstros, denominados necromorphs.

Recepción e crítica Dead Space considerouse un dos mellores survival horror da sétima xeración de videoconsolas, acadando notas elevadas en distintos medios especializados. A versión de PC acadou un 86 , a de PS3, un 88 e a de Xbox 360 un 89 .

Vendas As vendas foron máis discretas que outros xogos do mesmo xénero, coma Resident Evil 5. A versión de PS3 vendeu 1 millón de exemplares http://www.vgchartz.com/games/game.php?id=13107, mentres que a de Xbox 360 non superou tal cifra, quedándose nos 970.000 http://www.vgchartz.com/games/game.php?id=23325.

Notas

Categoría:Videoxogos de 2008 Categoría:Videoxogos de Electronic Arts