miniatura|240px|Dous espécimes de Podargus strigoides. A dos caprimulxiformes (Caprimulgiformes) é unha orde de aves neognatas que abrangue os podargos, as avenoiteiras ou noiteboas e outras especies afíns.

Distribución Coñécense 121 especies nesta orde,Clements, J. F. 2007. The Clements Checklist of Birds of the World, 6th Edition. Cornell University Press. Downloadable from Cornell Lab of Ornithology . que se distribúen por case todo o planeta, agás polas rexións de clima ártico e nas illas de Nova Zelandia.

Características Trátase de aves nocturnas con gran facilidade para camuflarse durante o día; mesmo velos nunha fotografía é ás veces complicado. A súa plumaxe é moi semellante na cor e no trazo ás follas secas ou á codia dunha árbore, fenómeno coñecido como cripse.

Crese que os membros desta orde están lonxincuamente emparentados coas rapaces nocturnas (orde Strigiformes) e, algúns autores clasifícanos na devandita orde.Peterson, A. P. Zoonomen. Zoological Nomenclature Resource - Anseriformes.

Taxonomía A orde foi descrita en 1885 polo naturalista e ornitólogo estadounidense Robert Ridgway.

Na actualidade a maioría dos autores, seguindo ao Congreso Ornitolóxico Internacional, recoñecen cinco familias dentro da orde: Steatornithidae - guácharo Podargidae - podargos Nyctibiidae - urutaúes Caprimulgidae - avenoiteiras Aegothelidae - egotelos (ás veces separados nunha orde de seu, Aegotheliformes)

Porén, o Sistema Integrado de Información Taxonómica (ITIS), só recoñece dúas:Caprimulgiformes no ITIS.

Caprimulgidae Podargidae

Sinónimos Ademais de polo nome e actualmente válido, estas aves tamén se coñeceron polos sinónimos: Steatornithes Caprimulgi

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Caprimulgiformes na EOL.