O Košarkaški Klub Vršac (en serbio: Кошаркашки клуб Вршац) é un club de baloncesto profesional da cidade de Vršac, Voivodina (Serbia). Compite na KLS serbia. O club posúe tamén unha sección feminina, que tamén compite na máxima categoría nacional. O seu pavillón é o Millennium Center, que ten capacidade para 5.000 espectadores. O único título conseguido polo club até o momento foi unha Liga do Adriático en 2005. Durante súa maior época de esplendor, o club foi coñecido por motivos de patrocinio co nome de KK Hemofarm.
Historia O club naceu en 1946 baixo o nome de "Jedinstvo", mais non conseguiu competir nas máximas competicións nacionais (nivel nacional iugoslavo) até 1959, cun nome diferente: "Mladost". Por motivos de patrocinio o club troca o seu nome polo de "Inex Brixol" en 1967, e "Agropanonija" en 1968. En 1977 o club pasa a competir baixo o nome da cidade "Vršac". Iso será até 1981, cando por mor dun novo patrocinio con "Inex Hemofarm'', o nome do club troca polo de "Inex Vršac".
En 1982, o club participa por primeira vez na Liga de Voivodina, e na tempada 1986-87 ascende á "B-League" logo de acadar a primeira praza nesa competición. En 1992, o grupo Hemofarm convértese no principal patrocinador, e en 1998 o club finaliza no primeiro lugar da "B-League", ascendendo á YUBA Liga, a máxima categoría nacional. No ano 2000 o club finaliza na cuarta praza na liga e consegue polo tanto unha praza para disputar a Copa Korać na tempada seguinte.
No 2005 chegou o primeiro, e até o de agora único título importante do club, ao proclamarse campión da Liga do Adriático tras gañar na final ao KK Partizan por 89 a 76, e tendo finalizado tamén a liga regular ese ano na primeira posición, cun balance de 22 vitorias e 8 derrotas. O Hemofarm disputou novamente a final da Liga do Adriático na tempada 2007-08, perdéndoa fronte ao Partizan por 69 a 51.
Pavillón
O Millennium Center (ou Millennium Hall) é un pavillón deportivo é un centro de negocios situado na cidade de Vršac, e que acolle os partidos como local do Hemofarm. O Millennium Center acolleu tamén algúns encontros do Eurobasket 2005 durante o mes de setembro, concretamente do grupo A da fase preliminar onde se enfrontaron as seleccións de Rusia, Alemaña, Italia e Ucraína. A súa capacidade é de 5.000 espectadores.
Xogadores Destacados
Danilo Anđušić Zlatko Bolić Petar Božić Nemanja Dangubić Miloš Dimić Đorđe Gagić Mladen Jeremić Nemanja Krstić Bojan Krstović Raško Katić Milan Mačvan Boban Marjanović Stefan Marković Darko Miličić Nikola Milutinov Nenad Mišanović Luka Mitrović Jovan Novak Miljan Pavković Vanja Plisnić Petar Popović Marko Simonović Predrag Šuput Vladimir Tica Milenko Topić Slavko Stefanović Dragoljub Vidačić Vladan Vukosavljević Jasmin Hukić Aleksej Nešović Marko Šutalo Saša Vasiljević Moon Tae-Jong Goran Jagodnik Nebojša Joksimović Mustafa Abdul-Hamid Robert Conley Vonteego Cummings Gerrod Henderson Kyle Hill Trey Johnson Rashad Wright Bojan Bakić Nebojša Bogavac Miloš Borisov Ivan Maraš Nemanja Radović Boris Savović Rawle Marshall Márton Báder Jerome Jordan
Adestradores
Miroslav Kanjevac (1994–1995) Marin Sedlaček (1995–1996) Ivan Jeremić (1996–1997) Slobodan Lukić (1997–1998) Željko Lukajić (1998–2005) Luka Pavićević (2005) Miroslav Nikolić (2005–2008) Vlada Vukoičić (2008) Stevan Karadžić (2008–2010) Željko Lukajić (2010–2012) Dušan Gvozdić (2012) Nebojša Bogavac (2012) Oliver Popović (2012–2014) Dušan Gvozdić (2014–2015) Miloš Pejić (2015–2016) Milan Gurović (2016) Vladimir Đokić (2016–2018) Goran Topić (2018) Mihajlo Mitić (2018) Branko Maksimović (2018) Darko Kostić (2019–2020) Zoran Todorović (2020) Vladimir Lučić (2020–2021) Vladimir Đokić (2021–2022) Siniša Matić (2022–presente)
Palmarés Liga do Adriático Campións (1): 2005 Subcmpións (1): 2008
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Perfil do KK Vršac na páxina web da KLS
Categoría:Equipos de baloncesto de Serbia