miniatura|upright=1.6|Berlín en 1785, de Johann Georg Rosenberg.
A historia urbana de Berlín ten as súas orixes nos primeiros poboados nas chairas entre os ríos Oder e o Elba, onde dous afluentes deste, o Spree e o Havel, encadean os seus cursos. Hai probas que testemuñan a presenza humana dende o 60.000 aC. No século VI aC tribos xermánicas (suevos procedentes do Báltico entre elas) asentáronse na rexión e alí permaneceron ata o século IV e V en que comezaron a súa romaxe cara ao sur (Suabia no suroeste da Alemaña actual, e un grupo mesmo ata Galicia onde fundaron o primeiro reino medieval).
Primeiras cidadelas eslavas miniatura|dereita|160px|A rexión de Berlín en 1150. No seu lugar, dende o século VI, viñeron a establecerse progresivamente nos vales do Spree e o Havel os eslavos que no século VIII fundan os primeiros asentamentos permanentes: Cöpenick (720) e Spandau (750), cada un nun extremo (leste e oeste respectivamente) do concello moderno. Ámbolos dous seica coma cidadelas sobor de illas fluviais, na confluencia do Spree no Havel a de Spandau, e do Spree cun terceiro afluente a de Köpenick. E ámbalas dúas convertéronse en castelos altomedievais cun burgo ao seu carón Evolución de Köpenick no medievoEsquema do asentamento eslavo de Spandau na illa do Havel coa cidadela .
Fundación na Marca de Brandeburgo miniatura|200px|dereita|Berlín e Cölln arredor de 1230. En 1157 os saxóns derrotan finalmente os eslavos e Alberte I o Oso convértese no primeiro Margrave da Marca de Brandeburgo do Sacro Imperio. Os seus sucesores implementan unha intelixente política de asentamentos (apoiados con fundacións relixiosas do císter ou do temple) para estabilizaren e aseguraren a fronteira. Así aparecen documentados entre outros os de Cölln en 1237 e Berlín en 1244 (probablemente fundados en 1170 e 1200 respectivamente).
Dous poboamentos xemelgos a beira do Spree (seica tamén sobor anteriores aldeas eslavas), a metade de camiño entre Spandau e Köpenick, defendendo un vao (Mühlendamm) facilitado pola presenza dunha illa (onde se asentou Cölln, pobo de pescadores, emigrados moitos dende Colonia e por iso o nome, en torno a igrexa e praza de S.Pedro); na ourela norte do río disponse Berlín arredor dunha praza de mercado coa igrexa de San Nicolás (1220-30).
O lugar prospera, prevalecendo sobor Spandau ou Köpenick, ao se converter en encrucillada das rutas comerciais na rexión polo apoio concedido mediante dereitos e prebendas fiscais dos margraves Johann I e Otón III, verdadeiros creadores da vila.
En 1307 vese a conveniencia da fusión das dúas poboacións nunha soa cidade dobre, mantendo certa independencia. Para entón Berlín conta cun novo mercado a carón da Marienkirche (1270), nunha expansión ao noroeste que duplicou a súa superficie. Unha segunda ponte (Lange Brücke) constrúese sobor do Spree e o conxunto arrodéase de murallas con fosos (1250-90) Excelente páxina sobre Berlín arredor de 1300.
Fin da autonomía comercial miniatura|200px|Mapa de Berlín e Cölln, 1652. O século XIV viu o ascenso de Berlín no liderado dos concellos de Brandeburgo pola súa autonomía fronte ao poder dos margraves. A metade do mesmo, as cidades xemelgas pertencen a Liga Hanseática o que fortalece a súa posición.
No entanto, coa chegada dos Hohenzollern ao goberno da marca en 1415, os margraves (xa príncipes electores) van residir na cidade erixindo un castelo xunto ao Spree (Berliner Stadtschloss en Cölln a carón da Lange Brücke, 1443-51 Reconstrución do primitivo Castelo Hohenzollern, GeyerOutra reconstrución posible?). Suporá a fin da autonomía burguesa e comercial (abandono da Hansa).
Elixida a cidade coma residencia permanente, o príncipe Joachin II decide demoler o vello castelo e construír un pazo renacentista no seu lugar (1538 Vista de época do pazo dende a Lange Brücke). Os sucesores farán diversas ampliacións no curso da segunda metade do século XVI e todo o XVII Perspectiva do conxunto palaciano, 1685.
Capital prusiana Trala devastación da Guerra dos Trinta Anos (perda dun terzo das casas e a metade da poboación), o Grande Elector Frederico Guillerme I emprende unha ampla tarefa de recuperación e engrandecemento animando a inmigración amparada na tolerancia relixiosa. Para os novos habitantes (hugonotes franceses ou xudeus) créanse novos barrios (Neu Cölln e Friedrichswerder arredor da vella Cölln, 1659). O conxunto péchase cun novo recinto defensivo de bastións (1658-83). miniatura|esquerda|500px|Vista de Berlín coas novas murallas e máis os comezos da Unter den Linden, Schultz 1688. miniatura|260px|Plano de Berlín, 1688: expansión ao oeste.
A expansión resultou insuficiente e o oeste semellaba a mellor opción para continuala fóra das murallas (chaira de Teltow). Ademais, dende o século XVI un camiño levaba do pazo aos terreos de caza dos príncipes (Tiergarten). Frederico Guillerme transformárao en 1647 na primeira grande avenida da súa capital, Unter den Linden ("baixo os tilos", un bulevar aínda que de inspiración holandesa). Así converteuse no eixo do crecemento de Berlín: en 1673, novo barrio de Dorotheenstadt e xa en tempos de Frederico I (primeiro rei de Prusia), o gran barrio burgués e futuro centro da capital prusiana, Friedrichstadt (1688-1734). miniatura|dereita|185px|Berlín, 1710; Friedrichstadt no SO Como o anterior de traza ortogonal, amplas rúas (Friedrichstrasse, principal eixo norte-sur perpendicular a Unter den Linden) e fachadas uniformes, vai contar nunha praza de mercado con dúas igrexas xemelgas (francesa para os hugonotes e alemá para o rito luterano) que cos engadidos posteriores se convertera en estampa típica da cidade .
O novo rei proclama un novo status para Berlín: a partir de 1710 será a Capital Real unificando finalmente as seis cidades anteriores (xa con 60.000h de 6.000h en 1661). Consonte co rango adquirido manda erixir un novo pazo sobre o vello complexo na illa de Cölln (Pazo Real de Andreas Schlüter ampliado ao longo do século Vista de 1781 (J.Rosenberg) da fachada principal do novo Pazo Real dende a Lange Brücke coa estatua ecuestre do Grande Elector ) coma centro visual do conxunto urbano (unha estatua ecuestre do seu pai, o Grande Elector, alzouse sobor da Lange Brücke á maneira do Pont Neuf de París). Así mesmo, unha coroa de pazos de campo arrodeaba a cidade (vg. Charlottenburg, ao oeste na ribeira do Spree).
No resto do século XVIII os seus sucesores, Frederico Guillerme I (o Rei Soldado) e Frederico II o Grande, irán enriquecendo este organismo. As murallas do Grande Elector son derrubadas e unha nova cerca (1737, en pedra 1786) abarca todo o conxunto cos suburbios que creceran ao norte, leste e sur. Xunto as entradas máis importantes vanse erixir prazas e portas monumentais . Así a neoclásica Porta de Brandeburgo (K.Langhans 1793, coma arco triunfal para Frederico o Grande Panorámica coa Porta de Brandeburgo abrindo a cidade) fronte ao Tiergarten no final da Unter den Linden (Pariser Platz) , e o lugar da futura Postdamer Platz (ante a Postdamer Thor e a octogonal Leipziger Platz).
Século XIX: Embelecemento e industrialización
Trala breve ocupación napoleónica, Berlín vai experimentar un forte crecemento ao se converter no centro económico e industrial prusiano. O ferrocarril a partir de 1838 axudará a todo isto (primeira estación en Postdamer Platz). Grandes continxentes de inmigración do rural arriban de todo o reino (170.000 habitantes en 1800; 420.000 en 1850; 826.000 en 1870; 1 122 000 en 1880).
A futura metrópole (a cuarta de Europa tras Londres, París e San Petersburgo) vaise prover das institucións, equipamentos culturais e monumentos representativos propios dunha gran capital burguesa e a figura do arquitecto Karl Friedrich Schinkel sobresae na tarefa. Plano do centro de Berlín, 1846|miniatura|esquerda miniatura|Centro monumental de Berlín, 1850|200px Xa dende a época de Frederico o Grande a área que ocupaban as murallas no primeiro treito da Unter den Linden foise planificando con grandes conxuntos, expresión da magnificencia real. Así a Zeughaus (Arsenal), a despois Ópera do Estado e diferentes residencias dos soberanos que ficaron sendo a Universidade Humboldt, Academia de Artes e Bibliotecas Reais. A estatua ecuestre de Frederico pechaba o conxunto onde comezaba o treito xa existente baixo os tileiros Vista do comezo da Unter den Linden co Pazo Real ao fondo, E.Gaetner Vista de época da Unter den Linden: a Opera Real e a Biblioteca; ao fondo os tilos .
Schinkel encargouse de abrir a grande avenida cunha nova Ponte do Castelo de unión coa praza norte do Pazo Real, e construíu a exquisita Neue Wache (Novo Corpo de Garda, 1818 Neue Wache coa Zeughaus ao fondo dende a Opera Real en primeiro termo ) entre a Zeughaus e a universidade. Ademais, nas proximidades, a igrexa de Friedrichswerder e a Academia de Arquitectura (1835, de estilo radical e precursor da modernidade). Na antedita praza onde estaban os xardíns do Pazo (Lustgarten) e fronte ao mesmo, erixe o Altes Museum, que dará inicio a un dos conxuntos museísticos máis importantes do mundo (Illa dos Museos). Finalmente, completará a enriba mencionada praza das dúas igrexas xemelgas (Gendarmenmarkt) co edificio entrambas do Gran Teatro da Ópera O Schauspielhaus (hoxe Koncerthaus) entre as Igrexas Francesa e Alemá. .
Capital Imperial En 1871, após a unificación de Alemaña, o chanceler prusiano Otto von Bismarck proclama o Imperio Alemán con capital en Berlín.
O enorme crecemento de poboación continuou todo o século (extensión do municipio absorbendo os lindeiros en 1861; case dous millóns de habitantes no cambio de centuria) empeorando o problema habitacional. En 1862, o Plan Hobrecht Plan Hobrecht, 1862 tentara darlle solución mediante un vasto programa especulativo arredor da cidade consolidada na cerca de 1786. O trazado de eixos radiais e grandes arterias periféricas (dun plan anterior de Lenné e inspiradas no París de Haussmann) con parques permitían, no entanto, a ocupación intensiva das mazás, o que deu lugar a unha heteroxénea densificación do tecido urbano (Mietskasernen, especialmente nos barrios industriais do norte, leste ou Kreuzberg ao sur de Friedrichstadt). O plan atinxía tamén as infraestruturas básicas (augas, sumidoiros) e de transporte (Canle Landwehr polo sur aliviando o Spree, ferrocarrís urbanos e metropolitano, U-Bahn, a partir de 1896).
Entre os numerosos edificios e monumentos dun eclecticismo grandilocuente que se erixen nesta época, a Rotes Rathaus (novo concello, 1869), a Catedral de Berlín pechando a praza do Lustgarten e, sobre todo, o Reichstag (1894) a carón da Porta de Brandeburgo, entre o parque do Tiergarten e o Spree Panorámica de Berlín en 1900: O Reichstag en primeiro plano e a Catedral ao fondo entre o Pazo Real e a Illa dos Museos . Xustamente a expansión residencial burguesa produciuse máis alá do parque, cara a Charlottenburgo con outro antigo camiño de caza dos príncipes electores que Bismarck se encargou de converter en gran bulevar (1876, 53m), a Kurfürstendamm Mapa do oeste de Berlín coa Kurfürstendamm, 1894.
O Gran Berlín da República de Weimar No primeiro terzo do século XX a poboación de Berlín duplicouse acadando máis de catro millóns de habitantes e converténdose no maior centro industrial do continente e nunha das grandes metrópoles do mundo. Trala derrota do imperio na primeira guerra mundial instáurase a república e a capital vai vivir unha época de fervenza intelectual, artística e cultural de primeira orde (Grosz, A. Döblin, W. Benjamin, Jung; Fritz Lang, Murnau e Marlene Dietrich; Bertol Brecht e Kurt Weill; Einstein e Von Braun).