O Xogador máis valioso da tempada da NBA, tamén coñecido como o MVP (Most Valuable Player e que recibe o premio NBA Most Valuable Player Award) é o premio que a liga entrega ao xogador máis valioso de cada tempada dende 1956. O gañador recibe o Trofeo Maurice Podoloff, nomeado así en honra ao primeiro comisionado da historia da NBA, en activo desde a primeira tempada, en 1946-47, até 1963.

Características A votación para o MVP celébrase unha vez finalizada a tempada regular. Até 1979-80 o MVP era seleccionado polo voto dos xogadores, con todo, dende 1981, o premio decídeno os xornalistas deportivos dos Estados Unidos e o Canadá. A votación é realizada por 125 membros; tres de cada unha das trinta cidades da NBA, e os 35 restantes locutores e analistas especializados de medios de comunicación. Dende a tempada 1982-83, só xogadores de equipos con cincuenta ou máis vitorias durante a campaña lograron gañar o premio (excepto Karl Malone na tempada 1998-99 do peche patronal, na que só se disputaron cincuenta partidos), asegurando con iso que o MVP pertenza a un equipo clasificado para playoffs.

Kareem Abdul-Jabbar é o xogador que máis veces gañou o premio, en seis ocasións, seguido por Michael Jordan e Bill Russell con cinco e Wilt Chamberlain con catro. Só dous "rookies" conseguiron gañalo: Wilt Chamberlain en 1960 e Wes Unseld en 1969.

O primeiro xogador nado fóra dos Estados Unidos en lograr este galardón foi o pivote nixeriano Hakeem Olajuwon, pertencente aos Houston Rockets, na tempada 1993-94, mais estaba nacionalizado estadounidense. A continuación, Tim Duncan, dos San Antonio Spurs, nado nas Illas Virxes dos Estados Unidos, conseguiu o galardón nas campañas 2001-02 e 2002-03 e, posteriormente, en 2004-05 e 2005-06, Steve Nash, base de Phoenix Suns, nado en Johannesburgo (Suráfrica) aínda que criado no Canadá. O primeiro europeo en obtelo foi o alemán Dirk Nowitzki, de Dallas Mavericks, na tempada 2006-07.

Gañadores Xogador activoElixido no Basketball Hall of FameIndica que o xogador gañou o campionato ese ano miniatura|right|202px|Abdul-Jabbar (6 veces). miniatura|right|202px|Michael Jordan (5 veces). miniatura|right|202px|Bill Russell (5 veces). miniatura|right|202px|Wilt Chamberlain (4 veces). miniatura|right|202px|Lebron James (4 veces). Tempada Xogador Posición Nacionalidade Equipo Ala-pivote St. Louis Hawks Base Boston Celtics Pivote Boston Celtics Ala-pivote St. Louis Hawks Pivote Philadelphia Warriors Pivote Boston Celtics Pivote Boston Celtics Pivote Boston Celtics Base Cincinnati Royals Pivote Boston Celtics Pivote Philadelphia 76ers Pivote Philadelphia 76ers Pivote Philadelphia 76ers Pivote Baltimore Bullets Pivote New York Knicks Pivote Milwaukee Bucks Pivote Milwaukee Bucks Pivote Boston Celtics Pivote Milwaukee Bucks Ala-pivote Buffalo Braves Pivote Los Angeles Lakers Pivote Los Angeles Lakers Pivote Portland Trail Blazers Pivote Houston Rockets Pivote Los Angeles Lakers Ala Philadelphia 76ers Pivote Houston Rockets Pivote Philadelphia 76ers Ala Boston Celtics Ala Boston Celtics Ala Base Los Angeles Lakers Escolta Chicago Bulls Base Los Angeles Lakers Base Los Angeles Lakers Escolta Chicago Bulls Escolta Chicago Bulls Ala-pivote Phoenix Suns Pivote Houston Rockets Pivote San Antonio Spurs Escolta Chicago Bulls Ala-pivote Utah Jazz Escolta Chicago Bulls Ala-pivote Utah Jazz Pivote Los Angeles Lakers Base Philadelphia 76ers Ala-pivote San Antonio Spurs Ala-pivote San Antonio Spurs Ala-pivote Minnesota Timberwolves Base Phoenix Suns Base Phoenix Suns Ala-pivote Dallas Mavericks Escolta Los Angeles Lakers Ala Cleveland Cavaliers Ala Cleveland Cavaliers Base Chicago Bulls Ala Miami Heat Ala Miami Heat Ala Oklahoma City Thunder Base Golden State Warriors Base Golden State Warriors Base Oklahoma City Thunder Escolta Houston Rockets Ala-pivote Milwaukee Bucks Ala-pivote Milwaukee Bucks Pivote Denver Nuggets Pivote Denver Nuggets Pivote Philadelphia 76ers Pivote Denver Nuggets

Maior número de galardóns Por xogador miniatura|202px|Larry Bird (3 veces). Número Xogador Anos 6 Kareem Abdul-Jabbar 1971, 1972, 1974, 1976, 1977, 1980 5 Michael Jordan 1988, 1991, 1992, 1996, 1998 Bill Russell 1958, 1961, 1962, 1963, 1965 4 Wilt Chamberlain 1960, 1966, 1967, 1968 LeBron James 2009, 2010, 2012, 2013 3 Moses Malone 1979, 1982, 1983 Larry Bird 1984, 1985, 1986 Magic Johnson 1987, 1989, 1990 Nikola Jokić 2021, 2022, 2024 2 Bob Pettit 1956, 1959 Karl Malone 1997, 1999 Tim Duncan 2002, 2003 Steve Nash 2005, 2006 Stephen Curry 2015, 2016

Por equipo miniatura|202px|Magic Johnson (3 veces). miniatura|202px|Moses Malone (3 veces). Número Equipo 10 Boston Celtics 8 Los Angeles Lakers 7 Philadelphia 76ers 6 Chicago Bulls 4 Houston Rockets Milwaukee Bucks 3 Phoenix Suns San Antonio Spurs Golden State Warriors Denver Nuggets 2 Cleveland Cavaliers Miami Heat St. Louis Hawks Utah Jazz Oklahoma City Thunder 1 Baltimore Bullets Buffalo Braves Cincinnati Royals Dallas Mavericks Minnesota Timberwolves New York Knicks Portland Trail Blazers

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas NBA MVP Award Winners en NBA.com

Categoría:Galardóns da NBA