é un videoxogo producido por Square Enix, sendo a décimo terceira entrega da serie Final Fantasy. Saíu para a PlayStation 3 no Xapón o 17 de decembro de 2009 e en América do Norte e as rexións PAL o 9 de marzo de 2010 para PlayStation 3 e Xbox 360. Motomu Toriyama (director de Final Fantasy X-2) é o director deste xogo.

Sinopse O argumento deste capítulo xira en torno á civilización do Niño (Cocoon na versión inglesa), unha sociedade que vive flotando por riba de Paals, considerado polos cidadáns coma o inframundo. O Niño foi formado por uns entes sobrenaturais cheos de poder chamados fal'Cie, dos que existen dous tipos: Os do propio Niño, encargados de defendelo, e os de Paals, inimigos do Niño.

Os fal'Cie ademais, ás veces, maldín aos humanos cos que entran en contacto, converténdoos en lu'Cie. Estes deberán cumprir unha misión para o fal'Cie, se non queren acabar por se converter nun monstro, e aínda que consigan levar a cabo a misión, o seu destino será converterse nun cristal para sempre, polo que se di que o lu'Cie está ben fodido.

A trama comeza cando o Sanctum, goberno oficial do Niño, realiza unha purga expulsando ós cidadáns de Bodhum, unha pequena cidade costeira do Niño, que estaba preto dun Vestixio de Paals, no interior do cal atopouse ó fal'Cie Ánima, a Paals, por estaren, supostamente contaminados polas influencias do inframundo. Entre o grupo de exiliados encontraranse os protagonistas da historia, que contemplarán impresionados como a purga torna nunha matanza civil.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial japonesa Páxina oficial europea

Categoría:Final Fantasy Categoría:Videoxogos de 2009 Categoría:Videoxogos cancelados de PlayStation 2 Categoría:Videoxogos de Square Enix Categoría:Videoxogos de PlayStation 3 Categoría:Videoxogos dun só xogador Categoría:Videoxogos de Windows Categoría:Videoxogos de Xbox 360 Categoría:Videoxogos de Android Categoría:Videoxogos de iOS Categoría:Videoxogos de ciencia ficción