Os estríxidos (Strigidae) son un dos dous clados de rapaces nocturnas do grupo Strigiformes, o cal inclúe os bufos, mouchos, avelaionas, caburés, tecolotes etc. Son aves adaptadas á noite, aínda que non tanto como as curuxas da familia Tytonidae. Teñen hábitos nocturnos, pero algunhas especies, como Glaucidium brasilianum, cazan tamén durante o día. Aliméntanse xeralmente de invertebrados e de pequenos vertebrados. O clado está composto por case duascentas especies.
En Galicia En Galicia existen 6 especies pertencentes á familia dos estríxidos (Strigidae), delas, 4 pódense atopar en Galicia durante todo o ano, 1 é hivernante no país añiñando localmente e outra é estival. StrigidaeEspecieAutoridade, anoNome vulgarECDistribuciónImaxePoboaciónOtus scopsLinnaeus, 1758Moucho de orellas120px100pxBubo buboLinnaeus, 1758Bufo real120px100px 8 pp.Athene noctuaScopoli, 1769Moucho común120px120pxStrix alucoLinnaeus, 1758Avelaiona común120px100px 1.400 pp. (PENAS-PATIÑO, 1995)Asio otusLinnaeus, 1758Bufo pequeno120px100pxAsio flammeusPontoppidan, 1763Curuxa das xunqueiras120px100px
Notas
Véxase tamén
Categoría:Estrixiformes