A N-525 é unha estrada nacional que comeza en Benavente e remata en Santiago de Compostela, atravesando no seu percorrido poboacións como Pobra de Seabra, Verín, Xinzo de Limia, Ourense e Lalín entre outras.

Historia Este traxecto foi a vía tradicional de paso do camiño real desde Ourense cara a Castela a través da comarca de Seabra. En varios tramos discorre paralela á Vía da Prata do Camiño de Santiago. Entre Rionegro del Puente e Ourense correspóndese coa vella estrada Villacastín-Vigo. A nomenclatura actual desta vía, así como do resto das estradas nacionais de España, estableceuse no cuarto plan xeral de estradas de 1939-41 (Plan Peña).

Actualmente está caendo en desuso debido á autovía A-52 (Benavente - Vigo) e á autoestrada AP/AG-53 (Ourense - Santiago de Compostela). Comparte parte do seu camiño coa estrada N-640 entre Lalín e Chapa.

En 1975 construíuse a variante de Padornelo e A Canda, que facilitaba o paso da Portela da Canda, entre a provincia de Zamora e a de Ourense. Esta variante acurtaba o traxecto de 21 a 11,5 km. O tramo vello da estrada consérvase co nome de ZA-106. Nesa mesma época construíuse o viaduto do río Mente, no concello do Riós. O tramo vello neste lugar consérvase co nome de OU-142, aínda que non ten saída"El túnel de La Canda tiene 600 metros y evita 60 curvas", artigo en La Voz de Galicia, 23 de decembro de 1975 .. Tamén por entón construíuse a variante do Viso, evitando o paso por varias aldeas de Cudeiro e Gustei. O tramo vello consérvase co nome de OU-150. Entre Piñeira de Arcos e Ourense o tramo vello son as actuais OU-320 e OU-105.

Nesta vía, á altura de Colinas de Trasmonte, morreu en 1976 a cantautora Cecilia cando volvía dun concerto en Vigo.

Puntos de paso

Provincia de Zamora Benavente Santa Cristina de la Polvorosa Colinas de Trasmonte (Quiruelas de Vidriales) Sitrama de Tera (Santibáñez de Tera) Santa Marta de Tera (Camarzana de Tera) Camarzana de Tera Vega de Tera Junquera de Tera (Vega de Tera) Rionegro del Puente Mombuey Asturianos Palacios de Sanabria Otero de Sanabria Pobra de Seabra Requeixo de Seabra Portela do Padornelo (1360 m) Padornelo (Lubián) Lubián Portela da Canda (1262 m)

Provincia de Ourense A Vilavella (A Mezquita) O Canizo (A Gudiña) Alto do Canizo (1067 m) A Gudiña Alto do Mesón de Erosa (908 m) As Vendas da Barreira (O Riós) Alto de Fumaces (855 m) Fumaces e A Trepa (O Riós) Verín Albarellos (Monterrei) Porto das Estivadas (849 m) Vila de Rei (Trasmiras) Trasmiras Abavides (Trasmiras) Xinzo de Limia Sandiás Piñeira de Arcos (Sandiás) Allariz San Cibrao das Viñas Ourense Cea (San Cristovo de Cea)

Provincia de Pontevedra Dozón Alto de Santo Domingo (741 m) Lalín Silleda A Bandeira (Silleda)

Provincia da Coruña A Ponte Ulla (Vedra) A Susana (Santiago de Compostela) Santiago de Compostela

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Estradas nacionais de España Estrada Villacastín-Vigo

Categoría:Estradas nacionais de España Categoría:Estradas do Estado en Galicia Categoría:Estradas da provincia da Coruña Categoría:Estradas da provincia de Pontevedra Categoría:Estradas da provincia de Ourense