Alhambra é unha cidade palatina situada na cidade de Granada en España. Tratase dun rico complexo palaciano e fortaleza que aloxaba ó monarca e a corte do Reino de Granada. O seu verdadeiro atractivo, como noutras obras musulmás da época, non só radica nos interiores cunha decoración que está entre os cumios da arte andalusí, senón que tamén na súa localización e adaptación, xerando unha paisaxe totalmente integrada coa natureza preexistente. No ano 2006 recibiu uns 2 153 491 visitantes.20minutos.es Ademais é desde o ano 2007 un dos 12 Tesouros de España.12 Tesoros de España Foi declarada, xunto co Generalife e o Albaicín Patrimonio da Humanidade pola Unesco en 1984.

Etimoloxía Etimoloxicamente, Alhambra en árabe é "Al Ħamrā'" (a Vermella, اَلْحَمْرَاء, procedente do nome completo "al Qal'at al-hamra" (Fortaleza vermella).

Historia miniatura|Plano de Palacio Árabe 1889 200px|miniatura|Unha porta da Alhambra nun gravado antigo. A Alhambra é unha cidade amurallada que ocupa a maior parte do monte de La Sabika. O Granada musulmá tiña o seu propio sistema amurallado, polo tanto a Alhambra podía funcionar con autonomía respecto da cidade. Na Alhambra atopábanse todos os servizos propios e necesarios para a poboación que alí vivía: palacio real, mesquitas, escolas, talleres etc.

No 1238 entra en Granada pola Puerta de Elvira, e para ocupar o Palacio del Gallo del Viento, Mohammed-Ben-Nazar (ou Nasr), chamado Al-Hamar o Roxo. Cando Ben-Al-Hamar (Mohamed-Ben-Nazar) entrou triunfador en Granada nese ano de 1238, a poboación recibiuno co grito de Benvido o vencedor pola graza de Alá, el respondeu: Só Alá vence. Este é o lema do escudo do Reino de Granada e tamén aparece escrito por toda a Alhambra. Ben-Al-Hamar construíu o primeiro núcleo do palacio. O seu fillo Mohammed II, que foi amigo de Afonso X o Sabio fortificouno.

O estilo granadino na Alhambra é a culminación da arte andalusí, o que aconteceu a mediados do século XIV con Iusuf I, quen construíu a Torre de Comares e con Mohammed V quen edificou o Patio dos Leóns.

No 1492, coa conquista de Granada polos Reis Católicos, a Alhambra pasou a ser o palacio real. O conde de Tendilla. da familia de Mendoza, foi o primeiro alcaide cristián da Alhambra.

O Comité da UNESCO declarou á Alhambra e o Generalife de Granada como Patrimonio Cultural da Humanidade en 1984.

Inscricións miniatura|esquerda|200px|Detalle dun muro da Alhambra Existen unhas dez mil inscricións na Alhambra, a maioría delas poemas, sentenzas, textos do Corán e xaculatorias. Todas están escritas en árabe clásico e moitas corresponden ó poetas da Corte de Iusuf I no século XIV. Os apousentos do rei nazarí no palacio de Comares, son os que teñen o maior número de textos cun total de 3.116, o que supón o 35% do total Recollido no Corpus Epigráfico de la Alhambra impreso polo CSIC.. Estes textos puideron ser escritos para a ocasión ou con anterioridade. Ibn al-Zayab, Ibn al-Jatib e Ibn Zamrak son os autores da maior parte deles. Os tres escritores formaban o groso dos poetas da corte de Iusuf I.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Albaicín Generalife Reino de Granada

Ligazóns externas La Alhambra.info Alhambra. Historia, comprar entradas e visitas guiadas. Patronato de la Alhambra y Generalife , páxina oficial do patronato. Visitas guiadas, visitar a Alhambra de Granada. La Alhambra y el Generalife Guías oficiales de la Alhambra Guía de Granada y de la Alhambra Palacio de la Alhambra. El jardín andalusí. Granada nazarí en Cervantes Virtual. Alhambra en Andalucía El arte nazarí. La Alhambra de Granada (completo artigo en castelán). La Alhambra de Granada en revista Alif Nûn nº 50, xuño de 2007.

Categoría:Historia de España Categoría:Granada Categoría:Patrimonio da Humanidade en Andalucía Categoría:Residencias reais de España Categoría:Reino de Granada Categoría:Arte hispanomusulmá