O ngultrum (código BTN) (en dzongkha: ) é a moeda oficial de Bután dende 1974. Divídese en 100 chhertum.

Historia En 1974, o ngultrum foi introducido substituíndo á rupia butanesa á par. O ngultrum ten a paridade fixada coa rupia india.

India asiste ao goberno butanés dende a década de 1960 no desenvolvemento económico do país. O ngultrum non se troca independentemente con outras moedas, mais é intercambiable coa rupia india.

Moedas En 1974 introducíronse as moedas de aluminio de 5 e 10 chetrum, as de aluminio-bronce de 20 chetrums e cuproníquel de 25 chetrums e 1 ngultrum. A moeda de 5 chetrum foi cadrada e a de 10 chetrum ondulada. En 1979 introduciuse unha nova serie de 5 e 10 chhertum en bronce, e 25 e 50 chhertum e 1 ngultrum en cuproníquel. Tamén se acuñaron moedas de 25 chhertum en bronce-aluminio. As moedas de 5 e 10 chhertum hai tempo que deixaron de circular.

Billetes En 1974 foron introducidos os billetes de 1, 5 e 10 ngultrum polo Goberno Real, seguidos dos billetes 100 ngultrums en 1978 e 2, 20 e 50 ngultrums en 1981. A Autoridade Monetaria Real de Bután asumiu as competencias de emisión de billetes en 1986. En 2006, a Autoridade Monetaria introduciu unha nova serie de billetes, incluíndo o de 1 ngultrum.

Previous series Imaxe Valor Dimensións Cor Descrición Anverso Reverso Anverso Reverso Marca de auga Nu.1 AzulEscudo de armas, dous dragónsSimtokha Dzong "Royal Monetary Authority" nas marxes superior e inferior. 100px Nu.5 130 × 62 mm Laranxa Escudo de armas, dous paxaros mitolóxicos (Bja Tshering, o paxaro da longa vida) Paro Rinpung Dzong 100px 100px Nu.10 140 × 70 mm Violeta Escudo de armas, Dungkar (cuncha) (un dos oito símbolos da boa sorte), Jigme Singye Wangchuck 100px 100px Nu.20 152 × 70 mm Amarelo e verde Escudo de armas, Khorlo (roda de arma, un dos sete símbolos de auspicios), Jigme Dorji Wangchuck Punakha Dzong 100px 100px Nu.50 155 × 70 mm Pink Trongsa Dzong, dous paxaros mitolóxicos Bja Tshering (paxaro da longa vida) 100px 100px Nu.100 161 × 70 mm Green Norbu Rimpochhe (un dos sete símbolos de auspicios), Jigme Singye Wangchuck Tashichho Dzong Crossed Dorji (Dorji jardrum) Nu.500 160 × 70 mm Red Norbu Rimpochhe rodeado por dous dragóns (un dos sete símbolos de auspicios), Ugyen Wangchuck Punakha Dzong

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Economía de Bután

Ligazóns externas Análise do Pegged Exchange Rate Between Bhutan and India

Categoría:Moedas de Bután Categoría:ISO 4217