Josep Fontana i Lázaro, nado en Barcelona o 20 de novembro de 1931 e finado na mesma cidade o 28 de agosto de 2018, foi un historiador catalán. Foi unha das figuras máis relevantes da historiografía catalá e española.
Traxectoria Licenciouse en Filosofía e Letras, sección de Historia en 1956 na Universidade de Barcelona, onde fixo o doutoramento en Historia en 1970. Entre 1957 e 1966, foi axudante de Jaume Vicens Vives e Jordi Nadal na Facultade de Ciencias Económicas de Barcelona.
En 1966, por mor dunha serie de protestas contra a represión franquista, xunto con outros profesores, foi expulsado da universidade non retornará até 1968 como interino na Universidade Autónoma de Barcelona onde estivo até 1974 cando gañou a cátedra de Historia Económica e Mundial na Universidade de Valencia. En 1976, retornou á Universidade Autónoma de Barcelona onde foi vicerreitor e decano da facultade de Letras.
En 1990, participou na fundación da Universidade Pompeu Fabra e onde foi catedrático até a súa xubilación en 2001, cando foi nomeado catedrático emérito. En 1991, fundou o Instituto Universitario de Historia Jaume Vicens Vives, dependente da Universidade Pompeu Fabra.
Josep Fontana foi membro do consello editorial da revista política Sin Permiso. Dende abril de 2010 fixo o labor de analista para o diario Público.
Traxectoria política Foi unha persoa comprometida politicamente durante o franquismo e que militou no PSUC dende 1957 até comezos da década dos 80. Nas eleccións municipais de 2015, foi no derradeiro lugar da lista de Barcelona en Comú, que levaría á súa candidata Ada Colau á alcaldía de Barcelona.
Influencias Foi alumno de Ferran Soldevila e Jaume Vicens Vives.
Obra
1971: La quiebra de la monarquía absoluta (1814-1820). Barcelona: Ariel. 1972: Política i economía a la Catalunya del siglo XX. Barcelona: Ariel. 1975: Cambio económico y actitudes políticas en la España del siglo XIX. Barcelona: Ariel. ISBN 84-344-0736-1 1977: La revolucion liberal [Texto impreso] : política y hacienda en 1833-1845. Madrid: Instituto de Estudios Fiscales ISBN 8471960346 1979: La crisis del Antiguo Régimen (1808-1831). Barcelona: Crítica. ISBN 8474230845 1980: La Hacienda en la historia de España: 1700-1931. Madrid: Instituto de Estudios Fiscales. ISBN 8471963174 1981: La invasió napoleònica: economía, cultura i societat. Barcelona: Universitat Autónoma, Servei de Publicacions. ISBN 8474880181 1982: Historia: análisis del pasado y proyecto social 1992: La història després de la fi de la història 1994: Europa ante el espejo 1999: Enseñar historia con una guerra civil de por medio 1999: Introducció a l'estudi de la història 2000: La història dels homes 2005: Aturar el temps 2006: De en medio del tiempo 2006: La construcció de la identitat. Barcelona: Base. ISBN 84-85031-51-2 (edición en galego: A construción da identidade e outros traballos de historia (2007). Ames [A Coruña]: Laiovento. ISBN 978-84-8487-112-5) 2007: Historia de España, vol. 6: La época del liberalismo 2010: L'ofici d'historiador (Documenta Universitària) 2011: Por el bien del imperio. Una historia del mundo desde 1945. Barcelona: Pasado & Presente. ISBN 978-8493914349 2013: El futuro es un país extraño: una reflexión sobre la crisis social de comienzos del siglo XXI. Barcelona: Pasado & Presente. ISBN 978-84-939863-5-3 2013: De en medio del tiempo: la Segunda Restauración Española, 1823-1834. Barcelona: Crítica. ISBN 978-84-9892-554-8 2014: La formació d'una identitat: una història de Catalunya. Vic: Eumo. ISBN 978-84-9766-526-1 2017: El siglo de la revolución: una historia del mundo desde 1914. Madrid: ed. Crítica. ISBN 978-84-16771-50-9 2018: L'ofici d'historiador (nova edició ampliada, Arcàdia)
Recoñecementos En 2006, recibiu a Creu de San Jordi e no 2007 foi recoñecido co primeiro Premio Nacional á Traxectoria Profesional e Artística concedido pola Generalitat de Catalunya.
O 11 de xuño de 2010 recibiu o título de doutor honoris causa pola Universidade Rovira i Virgili de Tarragona, o 25 de novembro de 2011 pola Universidade de Valladolid e o 14 de marzo de 2013 pola Universidade de Xirona, xunto con Ramón Garrabou e Jordi Nadal.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas La guerra de sucessió: els motius de Cantalunya Documento en pdf a cargo de Josep Fontana. Entrevista en Crónica Popular (24-01-2012)
Categoría:Escritores de Cataluña Categoría:Escritores en lingua castelá Categoría:Escritores en lingua catalá Categoría:Historiadores de Cataluña Categoría:Nados en Barcelona Categoría:Nados en 1931 Categoría:Alumnos da Universidade de Barcelona Categoría:Premio Creu de Sant Jordi Categoría:Doutores honoris causa pola Universidade Rovira i Virgili Categoría:Finados en 2018 Categoría:Catedráticos da Universidade Pompeu Fabra Categoría:Catedráticos da Universidade de Valencia Categoría:Catedráticos da Universidade Autónoma de Barcelona