miniatura|250px|Sisón común. Os otídidos (Otididae) son unha familia de aves gruiformes que inclúe as avetardas e sisóns. Son de hábitos principalmente terrestres, asociadas con ambientes secos, abertos e esteparios do Vello Mundo. Segundo algúns autores, os otídidos deben clasificarse nunha orde de seu, os Otidiformes.
Historia natural As avetardas son omnívoras e aniñan na terra. Camiñan ergueitas sobre as súas fortes patas e grandes dedas. Teñen as ás anchas e longas, con patróns de plumaxe rechamantes en voo. Moitas teñen interesantes cortexos, nas que realizan accións como inflar os sacos das súas gorxas, ou elevar rechamantes cristas. As femias depositan de tres a cinco ovos escuros e pintados, nunha zona escarvada no chan, onde os incuban elas soas.
Son gregarias fóra da época de cría, pero son moi cautas e é difícil achegarse a elas nos hábitas abertos nos que se adoitan atopar.Bota, G., J. Camprodon, S. Mañosa & M.B. Morais (Editores). (2005). Ecology and Conservation of steppe-land birds. Lynx Editions. Barcelona ISBN 84-87334-99-7; 978-84-87334-99-3.
A maioría das especies están en perigo por mor da perda do hábitat e da caza, mesmo onde están protexidas.
Xéneros e especies A familia Otididae inclúe nove xéneros e 26 especies:Clements, J. F. 2007. The Clements Checklist of Birds of the World, 6th Edition. Cornell University Press. Downloadable from Cornell Lab of Ornithology
Xénero Otis Otis tarda Xénero Ardeotis Ardeotis arabs Ardeotis kori Ardeotis nigriceps Ardeotis australis Xénero Chlamydotis Chlamydotis undulata Chlamydotis macqueenii Xénero Neotis Neotis ludwigii Neotis denhami Neotis heuglinii Neotis nuba Xénero Eupodotis Eupodotis senegalensis Eupodotis caerulescens Eupodotis vigorsii Eupodotis rueppellii Eupodotis humilis Eupodotis savilei Eupodotis gindiana Eupodotis ruficrista Eupodotis afra Eupodotis afraoides Xénero Lissotis Lissotis melanogaster Lissotis hartlaubii Xénero Houbaropsis Houbaropsis bengalensis Xénero Sypheotides Sypheotides indica Xénero Tetrax Tetrax tetrax
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Ligazóns externas Vídeos de Otididae en Internet Bird Collection
Categoría:Gruiformes