Robert J. "Bob" Houbregs, nado o 12 de marzo de 1932 en Vancouver, Columbia Británica e finado o 28 de maio de 2014, foi un xogador profesional de baloncesto canadense que disputou cinco tempadas na NBA. Con 2,00 metros de estatura, xogaba na posición de ala-pivote.

Traxectoria deportiva Universidade Xogou durante catro tempadas cos Huskies da Universidade de Washington, entre 1949 e 1953. Na súa última tempada foi elixido All-American tras levar ao seu equipo á Final Four e converterse no máximo anotador da mesma. Aínda mantén 10 récords da súa universidade, entre eles os de máis puntos nun partido, con 49. De feito é o autor do tres mellores rexistros da historia dos Huskies, anotando tamén 45 e 42.Where Are They Now: Bob Houbregs Nas súas catro tempadas fixo 19,5 puntos e 10,7 rebotes por partido.Ficha de Houbregs en TDR

Profesional Foi seleccionado na segunda posición do Draft da NBA de 1953 por Milwaukee Hawks, pero inmediatamente fichou por Baltimore Bullets, fichando ao ano seguinte tras a desaparición do equipo por Fort Wayne Pistons, cos que chegou ás Finais da NBA en 1956, caendo ante Philadelphia Warriors por 4-1.

Na tempada 1957-58 o equipo trasládase a Detroit, onde tan só xogaría 17 partidos, xa que unha grave lesión obrigoulle a deixar o baloncesto. Nas súas cinco tempadas fixo 9,3 puntos e 5,5 rebotes por partido. En 1987 foi incluído no Basketball Hall of Fame, e en 2000 no seu homónimo canadense.Houbregs named to Canadian Basketball Hall

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Estadísticas de Houbregs Estadísticas de Houbreg Páxina de Houbregs na web do Hall of Fame

Categoría:Nados en 1932 Categoría:Nados en Vancouver Categoría:Xogadores de baloncesto do Canadá Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos Milwaukee Hawks Categoría:Xogadores dos Milwaukee Hawks Categoría:Xogadores dos Baltimore Bullets Categoría:Xogadores dos Boston Celtics Categoría:Xogadores dos Fort Wayne Pistons Categoría:Xogadores dos Detroit Pistons Categoría:Ala-pivotes de baloncesto Categoría:Membros do Salón da Fama da NBA