Oviraptoridae é unha familia de dinosauros terópodos oviraptorosaurianos, que viviron dende o Cretáceo inferior até o Cretáceo superior (fai aproximadamente 125 e 65 millóns de anos, desde o Aptiano até o Mastrichtiano), no que hoxe é Mongolia e a China.
Descrición
Os ovirraptóridos podían chegar a medir até 8 m aínda que a maioría non excedía os 2. Posuían un característico peteiro desdentado e curvado. Algúns membros desta familia, como o ovirráptor ou o citipati, presentan unha crista semellante á do casuario. Debido á súa posición filoxenética, probablemente os ovirraptóridos presentaban plumas.
Sistemática
Oviraptoridae defínese como o clado máis inclusivo que contén ao Oviraptor philoceratops (Osborn, 1924) mais non ao Chirostenotes pergracilis (Sternberg, 1940).
Taxonomía
Familia Oviraptoridae Gigantoraptor Microvenator Shixinggia Subfamilia Oviraptorinae Oviraptor Rinchenia Nemegtomaia Citipati Subfamilia Ingeniinae Heyuannia "Ingenia" Conchoraptor Khaan
Oviraptorinae Oviraptorinae é unha subfamilia de dinosauros terópodos ovirráptoridos que viviron no Cretáceo superior (fai aproximadamente 84 e 65 millóns de anos, no Campaniano e o Mastrichtiano, no que é hoxe Mongolia e a China.
Oviraptorinae defínese como o clado máis inclusivo que contén ao Oviraptor philoceratops (Osborn, 1924) e a Citipati osmolskae (Clark, Norell, & Barsbold, 2001).
Ingeniinae Ingeniinae é unha subfamilia de dinosauros terópodos ovirráptoridos que viviron no Cretáceo superior (fai aproximadamente 84 e 65 millóns de anos, no Campaniano e o Mastrichtiano, no que é hoxe Mongolia e a China.
Oviraptorinae defínese como o clado mais inclusivo que contén Ingenia yanshini (Barsbold, 1981) e a Conchoraptor gracilis (Barsbold, 1986).
Galería
Véxase tamén
Bibliografía
Ligazóns externas Ficha da familia en TaxonSearch.org
Categoría:Fósiles Categoría:Dinosauros