Ersan İlyasova, nado o 15 de maio de 1987 en Eskişehir, é un xogador profesional turco de baloncesto. Con 2,08 m xoga na posición de ala-pivote.
Carreira Europa İlyasova empezou xogando ao baloncesto no Fenerbahçe Ülker de Turquía, equipo que o cedeu na 2003-04 ao Yesilyurt Istanbul, da 2ª división turca. Durante a tempada 2004-05 debutou co Ülke con quen gañou a Copa. Fixo 3,9 puntos e 3,5 rebotes por partido, participando co equipo na Euroliga. Foi membro da selección turca cadete e júnior. En xullo de 2006 logrou a medalla de prata no Europeo sub-20 de Esmirna, onde se alzou co MVP. En 2003 tamén logrou idéntica medalla pero cos cadetes. Naquela competición tivo de media 20.5 puntos, 10 rebotes e 3.3 roubos.
NBA 160px|miniatura|esquerda|İlyasova co FC Barcelona. Foi elixido por Milwaukee Bucks en segunda rolda (posto 36) do draft de 2005 e asinou un contrato de dous anos o 23 de agosto de 2005. Durante a 2005-06 foi enviado aos Tulsa 66ers da NBDL, polo que non xogou ningún partido na NBA. As súas medias foron de 12.5 puntos e 7 rebotes.
Na tempada 2006-07, e debido á praga de lesións que arrasou aos Bucks (especialmente Bobby Simmons, Charlie Villanueva e Michael Redd), contou con oportunidades para demostrar a súa valía, e así o fixo. Asinou a súa mellor actuación o 17 de xaneiro de 2007 ante Chicago Bulls con 22 puntos e 9 rebotes, logrando o seu tope en ambas categorías. Durante ese mes de xaneiro, as súas medias disparáronse a 9,5 puntos e 4,7 rebotes. En marzo fixo 6,8 puntos e en abril 7,8 puntos e 3,4 rebotes. Os seus números ao finalizar a súa tempada como novato na liga foron de 6,1 puntos e 2,9 rebotes.
Trátase dun dos xogadores aos que se lle presupón maior proxección dentro da liga. Con 19 anos contou con minutos na súa primeira tempada en Milwaukee Bucks. Durante a segunda metade da tempada fixo en moitas ocasións as veces de 6º home. Ten un físico privilexiado que lle permite ser versátil, xogar tanto por fóra como por dentro, onde non adoita facelo. A súa especialidade radica no tiro exterior e, a pesar da súa altura, gústalle xogar moito máis por fóra, onde aproveita mellor as súas calidades.
En 2007 asina un contrato por dous anos polo AXA Barcelona da Liga ACB,O Barça confirma a fichaxe de Ilyasova, o 'novo Kukoč' regresando en xullo de 2009 ao equipo de Wisconsin co que asinou por tres tempadas.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en NBA.com Estatísticas en Basketball-Reference.com Perfil en Euroleague.net
Categoría:Nados en 1987 Categoría:Nados na provincia de Eskişehir Categoría:Xogadores de baloncesto de Turquía Categoría:Ala-pivotes de baloncesto Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Xogadores de baloncesto da ACB Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos Milwaukee Bucks Categoría:Xogadores dos Milwaukee Bucks Categoría:Xogadores Tulsa 66ers Categoría:Xogadores do FC Barcelona Bàsquet Categoría:Xogadores do Anadolu Efes SK Categoría:Xogadores dos Detroit Pistons Categoría:Xogadores dos Orlando Magic Categoría:Xogadores dos Oklahoma City Thunder Categoría:Xogadores dos Philadelphia 76ers Categoría:Xogadores dos Atlanta Hawks Categoría:Xogadores dos Utah Jazz