Esta é unha lista alfabética de nomes femininos en galego, indicándose en cada un deles a súa orixe e significado.

A Abigaíl. Hebraico. Deus é xubiloso. Ada. Do hebraico hagar (fuga, fuxitiva); Adorno ou beleza. Ádega. Grego. Boa. Adela. Xermano. Forma reducida de Adelaida/Adelaira, creadas sobre a raíz xermánica athala-, Nobre. Adelaida. o xermánico Adelheid, ‘de condición, aspecto ou familia nobre’. Variantes: Adelaira, Delaira. Adelaira. Do xermánico Adelheid, ‘de condición, aspecto ou familia nobre’. Variantes: Adelaida, Delaira. Adelina. Xermano. Nobre. Adoración. Latín. Adoración. Afonsina. Xermano. Preparada para a loita. África. Latín. Exposta ao sol, cálida. Afrodisia. Grego. Amorosa. Agar. Hebreo. Fuxitiva. Ágata. Grego. Boa. Agostiña. Latín. Derivado de Augusto, consagrada polos augures. Agripina. Latín. Da familia romana de Agripa, a que nace de pé. Águeda. Grego. Boa. Aida. Exipcio. A que chega. Aine. Celta. Nome mitolóxico. Alba. Latín. Aurora branca. Alberta. Xermano. Totalmente nobre. Albertina. Xermano. Totalmente nobre. Albina. Latín. Branca. // Xermano. Amigo dos Elfos. Alborada. Derivado de albor e este do latín alborem, amencer, aurora branca. Albura. Galaico. Nome céltico-galaico bracarense feminino. Alcira. Árabe. Illa. Alda. Xermánico. Vella. Aldara. Xermano. Insigne e sabia no combate. Variante: Ilduara. Alegría. Latín. Alegría, viveza, animosidade. Aleixa. Grego. Defensora, protectora. Alexandra. Grego. Muller defensora, protectora. Alfreda. Formado a partir da forma masculina Alfredo. En Galicia nunca foi un nome moi popular. Alicia. Xermano. De nobre aspecto // Grego. Real, verdadeira. Alla. Grego. Ben falada. Nórdico. Alma. Latín. A que fai o ben. Almudena. Árabe. Cidade pequena, vila. Alodia. Xermano. Terra íntegra, libre. Aloia. Latín. Loanza /Galaico. Topónimo do monte sito en Tui. Amabel. Latín. Que ama, amábel. Amada. Latín. Amada. Amadora. Latín. Que ama. Amaia. Vasco. Fin. Amaina. Galaico, nome feminino galaico lucense (aparece nunha inscrición). Amalia. Xermano. Amancia. Latín. Que debe ser amada. Amanda. Latín. Que merece que a amen. Amalia. Xermano. Laboriosa, traballadora, infatigábel. Ambrosia. Grego. Inmortal, de natureza divina. Amelia. Grego. Traballo // Xermano. Laboriosa ou valorosa. América. Latín. Pertencente á cidade latina de Ameria. Amil. Nórdico-galaico. Santuario. Amparo. Latín. Preparación, protección. Ana. do hebraico Hannah. Compaixón, graza de Deus. Anacleta. Grego. Invocada. Anais. Hebreo. Compaixón, graza de Deus. Anastasia. Grego. Resurrección. Anatolia. Grego. De levante, oriente. Andrea. Grego. Viril, coraxosa. Angustias. Angustia, aflición. Anisia. Grego. Anisada, con aroma a fiúncho. Antela. Galaico. Hidrónimo galego. Quizais un topónimo de orixe latina, probabelmente co significado de anta pequena. Antía. Do grego Anthía, Tirada, sacada das flores, florida. Referíase ao primeiro favo de mel que fabricaban as abellas, tamén chamado en galego entena. Antígona. Grego. Enfrontada á súa xeración. Antoniña. Grego. (a través do Latín). Florida. Anuncia. Latín. Anunciadora, mensaxeira. Anunciación. Latín. Anunciadora. Anxa. Grego. Mensaxeira. Anxela. Grego. Mensaxeira. Ánxeles. Grego. Mensaxeira. Anxélica. Grego. Anxelical ou propia dos mensaxeiros. Anxos. Grego. Mensaxeiros. Apana. Galaico. Nome céltico galaico lucense feminino. Apolonia. Grego. Devota do deus Apolo. Aquilina. Latín. Da natureza da aguia, aquilina. Araceli. Latín. Altar do ceo. Arancha. Topónimo galego, posibelmente relacionado co éuscaro Arantzazu, serra de moitos picoutos ou lugar cheo de espiños ou toxos. Aránzazu. Vasco. Ti entre espiños ou toxos, Arancha. Aras. Latín Arcadia. Grego. Natural da Arcadia, provincia grega do Peloponeso. Arduína. Celta. Deusa celta. Area. Latín. Area. Ariadna. Grego. Moi santa, moi rebelde. Aroa. Do éuscaro: época. Artemisa. Grego. San e salva. Artusa. Grego. Coidadora da constelación da Osa. Arxentina. Latín. Prateada, sonora como a prata. Ascensión. Latín. Subir ao ceo, ascender. Ástrid. Xermánico/Nórdico. De Astrid, posiblemente composto de astr-, ‘estrela’, e (f)ridh, ’belo, amado’. Tamén pode proceder de asa e trud, co significado de ‘Deus é fiel’. Variante: Ástride. Asunción. Latín. Subir ao ceo, ascender. Asunta. Latín. Subir ao ceo, ascender. Augusta. Latín. Consagrada polos augures e adiviños. Aunia. Celta. Nome feminino celta. Áurea. Latín. Fermosa como o ouro, espléndida. Aurelia. Latín. Brillante, refulxente. Aureliana. Latín. Brillante, refulxente. Aurora. Latín. Aurora. Avelina. Xermano. Desexada ardentemente. Avia. Prerromano. Azalea. Grego. Nome de flor. Azucena. Árabe. Flor, azucena.

B Baia. Grego. Ben falada, elocuente. Balbina. Latín. Da familia romana Balba, que tatexa, que balbucea. Balla. Grego. Ben falada, elocuente. Baltasara. Asirio. Que o deus Baal protexa ao rei. Bárbara. Grego. Estranxeira. Barca. Hispano. Palabra incorporada ao latín serodio, caixón, artesa, barca. Basilisa. Grego. Raíña. Bastiana. Grego. Venerábel. Beata. Celta.Vida. Beatriz. Do latín Beatrix, derivado de beare, ‘facer feliz’. Benaventurada. Begoña. Vasco. Altura ou outeiro que domina. Belén. Do hebraico: Beth-lehem, nome dunha vila palestina, Casa do pan. Belinda. Xermano. Defensa do guerreiro. Belisa. Latín. Esvelta. Bélxica. Latín. Relativo ao pobo dos Belgas. Benedita. Latín. Ben nomeada, bendita. Benigna. Latín. Bondadosa. Benta. Latín. Ben nomeada, bendita. Variante: Bieita. Benvida. Latín. Nome medieval de bo agoiro para unha filla esperada, benvida. Benxamina. Hebreo. Filla predilecta. Berenguela. Xermano. Guerreira preparada. Lanceira. Berenice. Grego. Portadora da vitoria. Bernalda.Do xermánico Bernhard, co significado de ‘guerreiro forte e audaz’, ou Bernald, ‘guerreiro vello, ilustre’. Variante: Bernarda. Osa forte. Bernaldina. Xermano. Osa forte. Berta. Xermano. Ilustre, famosa, brillante. Bieita. Latín. Ben nomeada, bendita. Bonifacia. Latín. A que fai o ben. Benfeitora. Branca. do xermano blank; Branca, nobre, brillante. Braulia. Xermano. Lume, espada. Brenda. Celta.Espada. Briana. Celta. Muller forte. Brianda. Celta. Monte alto. Brisda. Celta. Forza. Bríxida. Celta. Poboación elevada, colonia. Forza, vitoriosa.

C Caetana. Latín. Alegre. Calista. Do grego Kallistos, ‘belísimo, fermosísimo’. Variante: Calistra. Camelia. Latín. Nome de flor. Camila. Etrusco. Ministro, sacerdote. Camiño. Celta. Camiño. Candea. Latín. Cirio, candea, luz. Como nome propio procede de Festum Candelorium, ‘festa das candeas’. Variantes: Candeloria, Candela. Candela. Latín. Cirio, candea, luz. Candeloria. Latín. Cirio, candea, luz. Cándida. Latín. Branquísima, luminosa, sen malicia. Caridade. Latín. Amor, afecto, caridade. Carina. Grego. Pura, inmaculada, graciosa. Carla. Xermano. Viril. Carlota. Xermano. Viril. Carme. Hebreo. Viña, xardín // Latín. Poema ou canto. Variantes: Carmela. Hipocorístico: Carmiña, Carmucha, Carmela, Carmuca, Mucha, Muchiña, Lucha, Menchu, Mela. Carmela. Hebreo. Viña, xardín // Latín. Poema ou canto. Carmo. Hebreo, a través do portugués. Viña, xardín // Latín. Poema ou canto. Variante: Carme. Carola. Xermano. Home forte, home, viril. Carolina. do xermano Karl, latinizado como Carolus. Home forte, home, viril. Casandra. Grego. Protectora de homes. Casia. Latín. Excelsa, distinguida, ilustre. Casiana. Latín. Excelsa, distinguida, ilustre. Casilda. Árabe. Cantiga. Casimira. Xermano. A que impón a paz. Catarina. Do grego katharós, puro. Pura, inmaculada, graciosa. Variantes: Catuxa (tamén diminutivo), Cateliña, Cataliña, Catalina. Catuxa. Grego. Pura, inmaculada, graciosa. Variante de Catarina. Cebreiro, Galego. Procedente dun topónimo, úsase como nome composto: María do Cebreiro. Cecía. Latín. Cega, curta de vista. Variantes: Cilla, Cecia, Cecilia, Icía, Cía ou Sía. Cecilia. Latín. Cega, curta de vista. Variantes: Cilla, Cecia, Cecía, Icía, Cía ou Sía. Ceferina. Latín. Relativa ao vento Céfiro, o que porta a vida. Cela. Latín. Advocación mariana venerada en Baredo, Baiona. Celeste. Latín. Pertencente ao ceo. Celestina. Latín. Pertencente ao ceo. Celia. Latín. Pertencente ao ceo. Celina. Latín. Pertencente ao ceo. Celsa. Latín. Pertencente ao ceo. Celtia. Galego. Dos Celtas, de Galicia. Nome poético que Eduardo Pondal aplica a Galicia. Chorima. Galego. Nome da flor do toxo, procedente do latín flor. Cibrá. Latín. Habitante de Chipre. Cipriana. Cía, Latín. Cega, curta de vista. Variantes: Cecilia, Cecia, Cecía, Icía, Sía ou Cilla. Cilla. Latín. Cega, curta de vista. Variantes: Cecilia, Cecia, Cecía, Icía, Cía ou Sía. Cintia. Grego. Nacida en Cintia, nome dun monte de Delos. Cipriana. Latín. Habitante de Chipre. Variente: Cibrá. Cira. Persa. Sol, deusa. Clara. Latín. Clara, ilustre. Claudia. Latín. Da familia Claudia, coxa. Claudina. Latín. Da familia Claudia, coxa. Clementina. Grego. Clemente. Cleofe. Grego. De glorioso pai, gloriosa polos seus pais. Cleopatra. Grego. Filla de glorioso pai. Clodia. Latín. Da familia Claudia, coxa. Cloe. Grego. Tenra. Clorinda. Grego. Tilleira verde pálida, verde clara. Clotilde. Xermano. Célebre, nomeada na batalla. Comba. Latín. Pomba, rola, símbolo da paz e da pureza. Conceizón. Latín. Acto de recibir ou concibir. Concepción. Latín. Acto de recibir ou concibir. Consolación. Latín. Consolarse con... Constantina. Latín. Moi constante. Cora. Grego. Moza, doncela. Coral. Latín. Coral. Coralia. Grego. Rapaza, doncela. Cornelia. Latín. Relacionada co corno da abundancia. Corona. Latín. Coroa. Cósima. Grego. Educada. Costanza. Latín. Constante, ou constancia. Covadonga. Latín. Cova da señora. Cristal. Grego. Xeo, cristal. Cristina. Hebreo. Discípula de Cristo, unxida. Cruz. Latín. Cruz, picota, tormento. Custodia. Latín. O anxo gardián, coidadora.

D Dafne. Grego. Coroada de loureiro. Dalia. Latín. Flor. Damiana. Grego. A que domina, dominadora. Daniela. Hebreo. Deus é o meu xuíz. Danila. Xermano galaico. Antigo nome galego de orixe xermánica, composto de dans, ‘dinamarqués’, e do sufixo –ila. Davinia. Hebreo. Amada. Débora. Hebreo. Abella. Delaira. Do xermánico Adelheid, ‘de condición, aspecto ou familia nobre’. Variantes: Adelaira, Adelaida. Delia. Grego. Deusa, natural da illa de Delos. Delfina. Grego. Golfiño, besta feroz. Demetria. Grego. Devota de Deméter, deusa da agricultura. Desideria. Latín. Desexábel, desexosa. Deva. Celta. Brillar. Diana. Latín. Do día, pertencente ao día, divina, celeste, luminosa. Digna. Latín. Digna. Dionisia. Grego. Consagrada a Dioniso, deus das festas e do viño. Divina. Latín. Divina, relativa a Deus. Dominga. Latín. Dedicada ou gardada para Deus. Dominica. Latín. Dedicada ou gardada para Deus. Domitila. Latín. Domesticadora. Doa. Latín. Regalo. Doce. Do latín Dulcis ‘doce’. Refírese a unha advocación mariana: o Doce Nome de María. Variante: Dulce. Dora. Grego. Regalo. Dores. Do latín dolores, plural de dolor e este de doleo, ‘sufrir’. Dores, sufrimentos. Dores. Nome de advocación mariana. Variante: Dolores. Dorinda. Grego. Regalo. Dorotea. Grego. Regalo de Deus. Dosinda. Xermano. Don fermoso. Dositea. Grego. Regalo de Deus. Dubra. Galaico céltico. Hidrónimo do río Dubra, afluente do río Tambre significa ‘augas’. Dunia. Árabe. Señora do mundo.

E Edelmira. Xermano. Ilustre, nobre. Edenia. Hebreo. Xardín delicioso. Edite. Xermano. Riqueza e combate. Eduarda. Xermano. Gloriosa gardiá. Eduvixes. Xermano. Guerreira vitoriosa na batalla. Einés. Do grego (H)agné, ‘pura, casta’. Variantes: Inesa, Inés. Eira. Escandinavo. Deusa da saúde. Tamén galés: neve. Elba. Celta. Alta montaña. Eleonor. De orixe discutida, pode proceder do árabe (co significado ‘Deus é a miña luz’), do provenzal Alienor (posiblemente relacionado co gótico alan, ‘medrar’) ou do gálico Leonorius, quizais aglutinación de León e Honorio. Variantes: Lianora, Leonora, Lionor, Leonor. Eleuteria. Grego. Liberadora, libre. Eliana. Grego. Relativa ao sol. Elisa. Hebreo. Deus axudou. Ou fenicio. Eloísa. Xermano. Elixida. Elsa. Hebreo. Deus axudou. Elvia. Celta. Da alta montaña.