O Košarkaški klub Cedevita Junior é un equipo profesional de baloncesto da cidade de Zagreb, Croacia. O club foi fundado en 1991 e actualmente compite na A1 Liga, a máxima categoría do baloncesto croata. Os maiores éxitos do club chegan na década de 2010, cando conseguen por vez primeira os títulos de Copa e de Liga. Actualmente disputa os seus partidos como local no Dom Sportova, con capacidade para 3.500 espectadores, e no Dražen Petrović Hall, que pode albergar a 5.400 seareiros. En 2019 o club fusionouse coa KK Olimpija de Liubliana para formar o KK Olimpija Cedevita, adoptando o equipo que ficou en Zagreb o nome de Cedevita Junior.

Historia O KK Cedevita foi fundado na cidade de Zagreb en 1991 co nome de KK Botinec, máis tarde chemado KK Hiron por motivos de patrocinio. Temporada a temporada o club foi subido desde as categorías máis baixas do baloncesto croata até que chegou á A1 Liga en 2002. Na súa primeira temporada na máxima categoría conseguiu ser o 5 mellor equipo de Croacia, tan só por detrás de prestixiosos equipos como o KK Cibona, o KK Zadar, oo KK Zagreb e o KK Split. O club dería un paso adiante en 2005, cando Atlantic Grupa, unha potente empresa rexional, se converte no patrocinador principal do club, motivo polo cal o club foi rebautizado como KK Cedevita.

O novo equipo directivo elevou as ambicións do club, conseguindo o seu primeiro grande éxito na temporada 2009−10 ao acabar no terceiro posto da liga croata, só perdendo nas semifinais por 2-1 ante ao Zadar. Ademais, xogarían as semifinais de Copa e conseguirían o sétimo posto na súa temporada como debutantes na Liga do Adriático. Ao ano seguinte superarían o rexitro do anterior, chegando a acadar o terceiro luga na Eurocup Basketball, no que supoñía a súa primeira aparición nunha competición continental. O Cedevita xogaría a Final Four da eurocup ese ano tras vecer en casa ao Dinamo Moscova, ao Aris Tesalónica, ao Azovmash, ao Hemofarm Stada, ao Gran Canaria e ao Asefa Estudiantes así como fóra ao Azovmash, ao Hapoel Galil Gilboa, ao Unics Kazan, ao Gran Canaria, ao Asefa Estudiantes e ao Benetton Treviso. Na competeción doméstica acadaría o primeiro posto na fase regular da liga, perdendo na final ante o KK Zagreb. Ademais, volverían repetir o sétimo posto na ABA Liga.

O primeiro trofeo do club chegaría na temporada 2011−12 coa consecución da Copa Dražen Petrović e da Copa Krešimir Ćosić de Croacia, chegando ademais á final da Liga do Adriático. En 2013−14 conseguen ser o equipo hexemónico de Croacia ao gañar tanto a Liga como a Copa do país, volvendo chegar á final da ABA Liga. O fito sería repetido na temporada 2014−15, cun novo segundo posto na ABA e a consecución dos títulos de Liga e Copa. Debido aos bos resultados obtidos nos últimos anos o KK Cedevita converteuse ademais en equipo de Euroliga.

Nomes do club Ao longo dos anos, debido a motivos de patrocinio, o equipo foi coñecido como: Botinec (1991−1992) Stribor (1992) Botinec (1992−1994) Hiron Ema Šport (1994−1997) Hiron Botinec (1997−2003) Hiron (2003−2005) Cedevita (2005−presente)

Xogadores {| class="toccolours" style="font-size: 95%; width: 90%; " ! colspan="2" style="background-color:#FF2B2B; color:#FFFFFF; text-align: center;" | KK Cedevita 2015−2016 |- style="background-color:#FF2B2B; color:#FFFFFF; text-align: center;" ! Xogadores !! Adestradores |- | valign="top" | {| class="sortable" style="background:transparent; margin:0px; width:100%;" ! Pos. !! # !! Nac. !! Nome !! Altura !! Peso !! Procedencia

Palmarés Competicións domésticas Liga de Croacia Campións (2): 2014, 2015 Copa de Croacia Campións (3): 2012, 2014, 2015 Copa Dražen Petrović Campións (2): 2011, 2014

Competicións rexionais Liga do Adriático Subcampións (3): 2012, 2014, 2015

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web oficial do KK Cedevita

Categoría:Equipos de baloncesto de Croacia Categoría:Equipos da Liga do Adriático Categoría:Equipos campións da A1 Liga